sábado, 30 de junio de 2012

POEMAS PARA O VERÁN



Como van as vacacións?. A que vos dedicades? Praia, piscina, estar cos amigos ou cos avós?. Para que non perdades o costume, déixovos estes poemas.
E vós que animal seriades?.
Un saúdo. Pasádeo moi ben.



MIS POMPAS DE JABÓN

Mis pompas de jabón
salen de mi habitación,
corren por el pasillo
se quedan en el descansillo.
Mis pompas de jabón
flotan alrededor
pasan al salón
se toman té y
pastas con café;
mis pompas de jabón
se meten en la bañera
detrás de la niñera
se dan una ducha
con agua fría y mucha,
mis pompas de jabón, pon, pon.
                               
                                Alicia herreros



SI YO FUERA UN ANIMAL...


 Si yo fuera un animal,
Quisiera ser una hiena
Y reír sin importarme

Ni siquiera el ser tan fea.

-Si yo fuera un animal,
Elijo ser tiburón
Para asustar a mi hermano
En clase de natación.

-Si yo fuera un animal,
Sería un león africano,
Mientras la leona caza,
Yo cuido de mis enanos.

-Si yo fuera un animal,
Sería un oso pequeño
Para dormirme en tus brazos
Durante todo el invierno.

-Pues si tengo que elegir,
Yo sería una cigüeña
Y traería hasta mi casa
¡Una hermanita pequeña!

-Y yo... ¿qué animal sería?
Déjame que me lo piense...
¡Sería un ornitorrinco!
¡Qué animal tan diferente!




       Juan Guinea


martes, 26 de junio de 2012

DESPEDIDA DO CURSO


                              ÚLTIMA  FESTA NA ESCOLA

O curso rematou e con el o voso paso pola escola , espero e desexo que na nova etapa que comezades sepades disfrutar aprendendo. Como dicía Albert Einstein: " Nunca consideredes o estudo coma unha obriga, senon coma unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber".
Xa sabedes que este blog segue aberto para vós, espero continuar recibindo as vosas visitas e por suposto os vosos comentarios.
Foi un pracer tervos como alumn@s.
Moita sorte!.







jueves, 21 de junio de 2012

UNHA VIAXE MARABILLOSA!

Durante tres días os nen@s e nenas de 6º C e 6º A fomos algo máis que compañeir@s de clase, fomos AMIGOS, que compartimos risas, xogos, bo humor e poidemos coñecernos un pouco máis.
Tres días aproveitados a TOPE:  rocodromo, tirolina, tiro ao arco, talleres, sendeirismo.....e moito máis!. Ademais coñecemos fermosas paisaxes en Ponte Caldelas, Xesteira e no Canón do Rio Verduxo 




   AVENTURA  E DIVERSIÓN 
         

jueves, 14 de junio de 2012

UXIA, POETA




A UXIA como a moitos poetas e pintores, a noite estralada sérvelle de inspiración.
O seu poema invita a tranquilidade , paz e calma.

PARABÉNS UXIA!.
Segue escribindo para nós.





















lunes, 11 de junio de 2012

TRABALLAMOS A COMPRENSIÓN LECTORA

A lectura que vos propoño para esta actividade titúlase " La casa pintada", para localizala tedes que seguir os pasos que eu vos vou indicar.
Colle  lapis e papel para anotar:
" - Na marxe dereita do blog entra en BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES.
- Na marxe esquerda, pica en DIDÁCTICA.
- Ves o título " LA CASA PINTADA.(SECUNDARIA 1º CICLO. PROPUESTA DIDÁCTICA)? Pica
- Estás na ficha da obra :
1º. Entra en "La CASA PINTADA". VERSIÓN ESCOLAR e le o capítulo.
2º. Xa está lido? ( mellor que o volvas a ler). Agora volve a FICHA DO LIBRO e  vai a "LA CASA PINTADA PROPUESTA DIDÁCTICA e fai os exercicios.

Recordade: lemos prestando moita atención e volvemos a ler antes de contestar, para estar seguros do que respondemos.
Na clase comentarémola entre tod@s.

Feliz lectura!


" Uno no es lo que es por lo que escribe, sino por lo que ha leído".
 Jorge Luis Borges (1899-1986) Escritor argentino. 

jueves, 7 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


Mañá, 8 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS.

A deforestación dos bosques submarinos é preocupante, xa que estes bosques e pradarias que están desaparecendo  son necesarios para a supervivencia de moitas especies, ademais protexen á costa da erosión e  axudan a reducir o cambio climático coa produción de carbono.

As causas desta pérdida son: o cambio climático, a contaminación, o crecemento de especies invasoras, as construcións preto da costa ...


martes, 5 de junio de 2012

A VIAXE DE VENUS



Ocurrirá mañá, 6 de xuño, Venus cruzarase entre o Sol e a Terra,  similar a un eclipse de sol pola lúa, aínda que só tapará un anaco del.

¡ Será a única vez que ocurrirá durante as nosas vidas, xa que a próxima vez sucederá en 2117!

O TRÁNSITO DE VENUS