domingo, 29 de abril de 2012

COMPARTINDO LECTURAS NA CASA


 








Cando en outubro nos entregaron a mochila viaxeira , estabamos emocionad@s. Quen  a levaría primeiro?. Facíanos  ilusión. Pouco a pouco  a tod@s nos foi chegando o momento de gozala coas nosas familias e aportar as nosas opinións sobre a actividade e sobre o material incluído.


 Queres saber o que opinamos? :


Decidimos comezar de novo. Xa!. É que... nos encanta LER , sobre todo COMPARTIR  LECTURAS!.

sábado, 28 de abril de 2012

UN POEMA PARA O FIN DE SEMANA

Aí vos deixo este poema de J. C. Martín, atoparedes máis como este no seu libro " La alfombra mágica".

 GOMA DE BORRAR

                                              Borro nubes negras
                                               para ver el sol,
                                               edificios grises
         para ver el mar.

                                               Borro el agua sucia
                                               de los ríos,
                                               las heridas de los bosques
                                               las borro para respirar.

                                               Luego limpio con los dedos
                                               el paisaje y tiro,
                                               al cubo de la basura,
                                               todas las virutas
                                               de mi goma de borrar.
                                                                                                      J. C. Martín

miércoles, 25 de abril de 2012

PESCUDAMOS CON MERLIÑA


Quen acertará esta vez?.
Vexamos:
 Son dúas interpretacións diferentes do mesmo personaxe.
O título da obra é  ……………………………………………. . A primeira delas  foi feita por ……………………………….., a segunda é de  …………………………………………….
O primeiro cadro data do  …………………… e o segundo é de ……………………………
Este personaxe é a …………………………… ………… do cadro.

Trata de comparalas e analiza as diferenzas .
                                                                                                                       Cres que son estilos iguais?.

    

Espero as vosas respostas!.

lunes, 23 de abril de 2012

POR SUPOSTO QUE LEMOS!

A profe propúxonos:
Pensar no noso  libro "favorito" e tratar de recordar por que razón ese libro era o elexido. Todos tiñamos varios, pero había que elexir .
Con moito entusiasmo buscamos, uns na casa e outros na escola. Seleccionamos un parágrafo  que nos gustaba especialmente.

 Esperamos animar a ler o noso preferido!... Ainda que algúns coincidimos.

Velaquí ALGÚNS:


 



viernes, 20 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL





Esperabádesme?.  Saúdiños a todos.
Dos libros, que diríades?. Bos amigos, axúdannos a medrar, a facernos persoas... con eles viaxamos, imaxinamos,disfrutamos, evadímonos,transformámonos...

Estiven por a escola e descubrín que sodes moi bos lectores, igual ca mín. .. por iso seremos bos amigos.

Coñecedes a MOMO?. Conta a historia dunha nena, Momo, que ten un don moi especial, sabe escoitar aos demais e como sabe escoitar ...

 Aparecen os homes grises que enganan aos homes para apoderárselles do  seu tempo...

 En la noche brilla tu luz.
 De dónde, no lo sé.
Tan cerca parece y tan lejos.
Cómo te llamas, no lo sé.
Lo que quiera que seas:
luce, pequeña estrella.              Michael Ende

Frases do libro para recordar:
" A enfermidade do aburrimento"
" Porque cada home ten o seu tempo. E só mentras siga sendo seu manterase vivo"
" O tempo é vida, a vida reside no corazón".

Pregúntanlle a MOMO:
- Pero ... Cantos anos tes?
MOMO quedouse pensativa e dixo finalmente:- Desde que podo recordar, sempre existín.

jueves, 19 de abril de 2012

FIXEMOS UNHA SAÍDA!

Dende fai algún tempo, tiñamos organizada esta saída. Onte, aínda que o bo tempo non nos acompañou poidemos disfrutar de dúas actividades que nos resultaron entretidas e didácticas.
O noso programa era:
* Obra de teatro " ENAMORIRSE" (actividade proposta por Novacaixagalicia) cos pallasos Hula e Piojo e a Seño.
* Visita ao MARCO ( museo de arte contemporáneo) que esta vez presenta  a exposición   "PERFORMANCE".

Nós opinamos:
Alba: " Gustoume moito a visita ao MARCO. A arte contemporáneo paréceme fascinante, fanse esculturas con cousas que parecen imposibles. A obra de teatro resultoume divertida e orixinal, dado que os protagonistas converten unha traxedia nunha comedia. Gustoume moito".
Carlos :" Gustoume moito a obra de teatro porque era graciosa, sobre todo Piojo,que me facía rir. No MARCO o que me resultou máis interesante foi a burbulla de aire ao chocar cás paredes e resbalar".
Uxia: " No MARCO, cando entrei na casa hamster sentín mareo con só ver todo tirado e cousas polas paredes".
Francisco comenta que disfrutou cás dúas actividades, pero  que no Marco experimentou distintas sensacións en cada unha das salas: " Cando  entrei na casa hamster, sentín un pouco de medo, porque todo estaba tirado; ao entrar na burbulla de aire por uns segundos non podía respirar e  cando pisei na pantalla do chan sentía como se alguén me estivese a  gravar, foi o que máis me gustou". 
Charlie tamén comenta as sensacións que tivo cando viu as diferentes obras: " A casa hamster daba un pouco de vértigo e medo ao ver o video. A burbulla de plástico e aire era divertida, cando entrabas o aire na cara facía cóxegas".
Marcos: "Gustoume todo moito, pero o que máis foi o MARCO, a miña obra favorita é a burbulla xigante".

 


 





  

lunes, 16 de abril de 2012

TRABALLAMOS ACRÓSTICOS

Despois de traballar os poemas, propuxémonos un novo reto, os acrósticos.
Cando comezamos parecíamos unha actividade complicada, pero podedes comprobar que non se nos dan nada mal.



Carlos

Iria

sábado, 14 de abril de 2012

O PRINCIPIÑO

" La primera noche me dormí sobre la arena, a unas mil millas de distancia del lugar habitado más próximo. Estaba más aislado que un náufrago en una balsa en medio del océano. Imagínense, pues, mi sorpresa cuando al amanecer me despertó una extraña vocecita que decía:

- ¡Por favor... píntame un cordero!
-¿Eh?
-¡Píntame un cordero!

Me puse en pie de un salto como herido por el rayo. Me froté los ojos. Miré a mi alrededor. Vi a un extraordinario muchachito que me miraba gravemente. Ahí tienen el mejor retrato que más tarde logré hacer de él, aunque mi dibujo, ciertamente es menos encantador que el modelo. Pero no es mía la culpa. Las personas mayores me desanimaron de mi carrera de pintor a la edad de seis años y no había aprendido a dibujar otra cosa que boas cerradas y boas abiertas".


O PRINCIPIÑO de ANTOINE DE SAINT EXUPÉRY, un conto que envolve unha maxia especial, onde se mostran valores de amizade, bondade, compañeirismo, gañas de aprender e coñecer.



O principiño vive no Asteroide B 612, onde hai unha única rosa e tres volcáns... recorre o Universo... chega a Terra e ...
 



Corre a buscalo, atoparalo na biblioteca da escola.

viernes, 13 de abril de 2012

OS DOUS KIWIS

Que rapidez!. Paula non perdeu o tempo e xa nos axudou a encontrar a resposta.



 






 Paula dinos: " O outro kiwi é un paxaro que non pode voar e é de tamaño pequeño".


Podemos engadir :
“ Ao ser un paxaro pouco común, considérase símbolo de Nova Zelanda.
 Ten ás, pero moi pequeniñas. As súas plumas, máis ca plumas son pelos grosos e fortes.
Ten o olfato moi desenvolvido, grazas a uns bigotes que ten arredor do peteiro;  por certo ben longo  e que utiliza para recoller froitas e vermes, lombrigas… .
Prefire a  noite para as súas actividades.    

Astuto! Sabe enganar as súas presas,  golpea o solo, imitando o ruído da choiva,  os vermes confiados saen a superficie e el pápaos!. 

       


- PARABÉNS PAULA!  
   Xa tes UNHA    



Vémonos rapaces.

jueves, 12 de abril de 2012

PESCUDAMOS CON MERLIÑA


 - Xa estou aquí. E vós, estades preparados para axudarme a buscar as respostas? Dende sempre soubemos que o KIWI era unha froita, orixinaria de NOVA ZELANDA.  Hai algo  que comparte ese nome e que tamén é dese país.  Temos que buscar  cal  é  o outro kiwi e cales súas peculiaridades.

Kiwi

Kiwi
-  Estade atentos, volverei axiña.

miércoles, 11 de abril de 2012

CURTAMETRAXE

Déixovos está preciosa e conmovedora curtametraxe de Dani Boyano. Espero que a disfrutedes, pero... observade con atención para comentar cal é a súa mensaxe.
                                    


                                                  


Nós comentamos:
Cristina F, Cristina A, Abel, Juan, Julio, Miriam e Sabela cren ca mensaxe da curtametraxe é que "os animais igual cas persoas necesitan vivir en liberdade para ser felices".
Charlie titularíao " A liberdade". Pensa que o home, despois do sono, xa sabe como se sente un cando se está atrapado, por iso os animais deben estar en liberdade.
Uxia tamén lle cambiaría o título, " Un amigo moi especial". Cre ca mensaxe é " se queres a alguén, déixao libre".

Alba pensa que hai dúas mensaxes: " nunca se é demasiado maior para ter un mellor amigo e se o queres déixao en liberdade".

Brayan G títularíao " A vida". Entende que a vida pode ser moi triste se estamos sós e que non podemos obrigar a ninguén a estar con nos.

martes, 10 de abril de 2012

UNHA AMIGA MOI ESPECIAL

"Unha amiga moi especial" era o título da historia que tiñamos que escribir.

  



 Iria sabe que os amig@s especiais nunca se olvidan, aínda que pase tempo, moito tempo e eses amig@s cambien, medren e  fisicamente xa non se recoñezan. Iso foi o que lles pasou a Martiña e Ruth.



lunes, 9 de abril de 2012

MERLIÑA




Eu son a maga MERLIÑA, son moi curiosa e gústame saber o que saben os demais,  preciso axuda ,  daquela vou vir por aquí a miudo; coido que entre vós  hai rapaces/rapazas moi listos e pode que algún chegue a ser  un merecedor membro do meu CLUBE e ata recibir un DIPLOMA.










Veredes: farei unha preguntiña. E vós só teredes que conseguir responder cinco veces en primeiro lugar.
Cando volva, será o comezo. YOU WILL SEE ME SOON.

domingo, 1 de abril de 2012

FERMÍN BOUZA BREY

   Recoñecedes esta foto?. En que lugar que vós visitades  con frecuencia hai unha igual?
Tal día coma onte, un 31 de marzo de 1901 , en Ponteareas, nacía un neniño chamado Fermín e cos apelidos Bouza Brey,   sería coñecido coma un gran escritor. Tamén foi historiador na rama da Arqueoloxía e da Prehistoria,  e etnógrafo, o que  quere dicir que se adicaba a estudar  as tradicións  e  costumes de pobos.
Escribiu gran parte da súa obra en galego.
Obras realizadas: 
 1.NARRATIVA:
  “Cabalgadas en  Salnés             
 2.  TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
  La joven Rosalía en Santiago
3. ESCOLMAS:
*A escolma é unha selección de textos de un ou varios autores.
 “Etnografía e folklore de Galicia”     
  4.  POEMARIOS:  
  “Seitura "                                                                                                                                                                                                                                                                  
"Jamás he pensado sobre la poesía; 
la he sentido, sencillamente".                   

NAO SENLLEIRA
    ¡Quen dera ser nao senlleira
   n-aquel mar non presentidas
ja mergulladas terras!