jueves, 30 de noviembre de 2017

Creacións literarias de outono













Sodes grandes escritores e escritoras, tedes as calidades que se precisan: curiosidade,, gañass de escribir e moita imaxinación.
Ánimo para seguir deleitándonos coas vosas creacións!!!!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

Tod@s XUNTOS contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

         Salir corriendo . AMARAL


HAIKÚS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Penso en violencia 
Penso en miles de mortes
 Penso en mulleres. 
LUCÍA NOVOA FROIZ

Ilusións rotas 
por un maltratador 
Corazón pobre
 ELENA IGLESIAS MEDELA

Ollos morados 
bágoas que caen 
Berros no ar 
SOLEDAD OTERO GÓMEZ

Medo nos ollos 
Bágoas nas meixelas
 Golpes, desprezo 
DIEGO PEREIRO GONZÁLEZ 

Un home e mais 
Unha muller non son 
moi diferentes 
ÍKER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ


Quero ser libre 
Quero ser un paxaro
 Quero voar 
MONSERRAT VÁZQUEZ FRAIZ

Mantente forte 
Segue cara adiante 
Loita por ti
 MARTA OJEA GUTIÉRREZ


  Mujer florero de Ella baila sola.