jueves, 27 de marzo de 2014

COIDAMOS A AUGA?


2014. "Auga e enerxía"

A semana pasada celebrouse o día mundial da auga.
A auga, un ben desigualmente repartido!
Nós temos a sorte de poder disfrutar dela, sen necesidade de pensar en aforrar porque temos dabondo.
Tampouco pensamos na súa contaminación porque aínda non sufrimos as súas consecuencias seriamente.
Pero...Sabemos que hai rexións do mundo que teñen dificultades para conseguir auga potable, o que lles ocasiona enfermidades graves. Por eles tratemos de aforrarla.
 Sabemos que a súa contaminación mata os peixinos e afectalles aos cultivos. Por nós evitemos contaminala.

                         




AUGA É








As nosas reflexións sobre este  LÍQUIDO VITAL, A AGUA:












jueves, 20 de marzo de 2014

RAP CANTOS CONTINENTES HAI NA TERRA?



Existe  a teoría de que hai millóns de anos na Terra había un único continente, formado polos continentes actuais.Este supercontinente chamábase  PANGEA, estaba rodeado por un só océano; nel os animais terrestres podían emigrar dun extremo ao outro. 



FORMACIÓN DOS CONTINENTES

martes, 18 de marzo de 2014

AN ALFAYA


A que cheiran as follas do LIQUIDÁMBAR?













Que sorte tivemos onte!
Recibimos nada menos que a visita de AN ALFAYA.
O mesmo que  " O AROMA DO LIQUIDÁMBAR", AN encantounos. Resultou entretida, divertida, simpática.... Coma ela sabemos que os olores tráennos recordos, que a través deles  podemos identificar as persoas e os lugares.

As nosas opinións:
Aída:  “O que  máis me gustou do que dixo An,  foi a historia de como xurdíu o libro “ O aroma do liquidámbar”: como foi o seu nacemento, canto tardou en escribilo, os tratos que fixo con Mario, o seu fillo…”
Laura: “Todo o que ela dixo gustoume, pero algo que me entusiasmou moito, porque a min tamén me ocorre, foi que dixera que cando escribía se sentía libre porque ninguén  lle dicía o que tiña que escribir”.
Jorge: “Falou do libro “ O aroma do liquidámbar” e  eu lino; por iso gustoume que falara del. Ademais o libro escribiuno grazas ao seu fillo. Que divertido!”
Mateo: “Gustoume que dixera que lle gustan as mates, coma min”.
Estela : “Todo o que dixo encantoume, sobre todo as dúas divertidas anécdotas. A súa simpatía, a súa sinceridade e cando fala o seu tono de voz é moi gracioso, non  é seria”.
Alejandro Agís:” A anécdota da nena chamada Abril, que logrou que un personaxe de An levara o seu nome. Que sorte!”











FOI UN PRACER AN ALFAYA PODER ESTAR CONTIGO. GRAZAS

viernes, 14 de marzo de 2014

Wassily KANDINSKY.


Parella a cabalo







Wassily Kandinsky naceu en Moscú en1866 e faleceu en Paris en 1944.




Este pintor ruso foi  precursor do arte abstracto.


Usaba  colores brillantes sobre un fondo escuro nos seus primeiros traballos.

" A claridade é unha tendencia hacia o branco, a escuridade é unha tendencia hacia o negro. O azul é unha cor celeste, que evoca unha profunda calma. O calor é unha tendencia hacia o amarelo".










As formas  xeométricas están moi presentes na súa ensinanza e na súa pintura, círculos, semicírculos, ángulos e líñas rectas e curvas.





Algunhas das súas  obras pódense disfrutar no  Museo Thyssen en Madrid