lunes, 20 de junio de 2016

XA ESTAMOS NO VERÁN!

Comeza o verán nunha noite de lúa chea





O verán de 2016 comezou,  co solsticio de verá esta noite, 20 de xuño, sendo este o día máis longo do ano, a lo menos no hemisferio Norte.



O solsticio de estío:

Solsticio que marca o comezo  do verán; no hemisferio Norte o 21 de xuño, cando o Sol pasa por o Trópico de Cáncer, ao norte do Ecuador celeste, e no hemisferio Sur, o 21 de decembro, cando o Sol pasa por o Trópico de Capricornio.

Desde hoxe varios planetas serán visibles: polas mañanas poderemos observar  a Urano, e ao anoitecer poderase ver a Marte, Xúpiter e Saturno, a Venus verémolo desde mediados de xullo. 

Tamén o 12 de agosto poderemos contemplar as Perseidas " chuvia de estrelas"