martes, 10 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA, SUDÁFRICA.

"La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo". NELSON MANDELA

NELSON ROLIHLAHLA MANDELA, coñecido no seu país, SUDÁFRICA, como MADIBA, acaba de falecer, o pasado xoves. Foi político e avogado. Na súa loita política, seguía os pasos de GANDHI, con métodos non violentos; loitando pola liberdade de todos os homes de raza negra de Sudáfrica.
Elexido de forma democrática Presidente da REPÚBLICA DE SUDÁFRICA  en 1994 ata 1999, sendo o primeiro presidente negro de SUDÁFRICA.
Concedéronlle o  PREMIO NOBEL DA PAZ en 1993, tras pasar 27 anos no cárcere.

NELSON MANDELA


Actividades:
Onde naceu Nelson Mandela?
Por que lle chamaban Madiba?
Que quería conseguir para o seu país, que conseguíu en 1994?
Que significa que foi o prisioneiro número 466/64?
Como trataban os prisioneiros negros e políticos coma el?
Que pretendía facer o Servicio Secreto Sudafricano en 1969? Por que non conseguiron o seu propósito?
Cal é a túa opinión sobre el?

miércoles, 4 de diciembre de 2013

ERATÓSTENES E OS NÚMEROS PRIMOS

ERATÓSTENES foi un grego moi listo que ademais de astrónomo, poeta e filósofo, foi matemático. Inventou un procedemento para encontrar dun xeito rápido todos os NÚMEROS PRIMOS menores ca un número natural dado. Este procedemento leva o nome de CRIBA DE ERATÓSTENES.


 Un cráter da Lúa e un monte submarino do Mediterráneo levan o seu nome.
Eratóstenes, 276 a.  C.