viernes, 30 de marzo de 2012

PERSONAXES PARA OS NOSOS COMICS

Estamos  traballando " o cómic", comezamos por diseñar o ou a protagonista do noso, unha  moderna e picareira maga ou mago , queremos dicir magos e magas dos e das que fan maxia.

Diseños de: Charlie, Brayan G, Paula,
Marcos e  Fran
Puxemos a imaxinar como sería , e aquí temos algúns exemplos.

En  parellas estamos creando as nosas historias.








Andy Runton é un famoso creador de comics, o protagonista deles é Owly, un mouchiño bo e xeneroso ó que lle gusta ter amigos.
Para os que aínda non o coñecedes, aqui o tedes
OWLY AND WORMY

jueves, 29 de marzo de 2012

REMATA MARZO

Na escola xa dicimos: marzo poético.
Durante todo  o mes, ademais dunha chea de exámenes e traballos, tivemos tempo para recrearnos na composición: poemas, odas, acrósticos..






A Uxía  gústanlle os animais.








Charlie está ledo porque é primavera.
REMATA  marzo, pero nós seguiremos escribindo.

viernes, 23 de marzo de 2012

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

Que ben o pasamos onte! Fomos de visita ao Museo de Pontevedra :
" Machadas do Paleolítico e Neolítico, obxectos da Idade o bronce, pezas de prata dos séculos XV e XIX, unha colección  de acibeches,  unha embarcación viquinga,  un dos barcos cos que Colón chegou a América,  soubemos do contralmirante Méndez Núñez, louza de sargadelos, o retrato de Carlos III ( o seu zapato sempre nos sinalaba!).




Finalizamos xogando entre tod@s no parque.






Nós opinamos:
 “Foi moi divertido,  o parque molaba un montón” .
“ Todos coincidimos en que o enfoque da visita  nos parece moi apropiado, gustounos iso de que nós tiveramos que buscar os obxectos , que nos motivaba para estar moi atentos e interesados”.
“ Gustaríanos repetir a saída, para buscar outros obxectos, que alí había moitos ”.

lunes, 19 de marzo de 2012

EMPEZA A PRIMAVERA

 Recordamos que mañá empeza a primavera, estación durante a que podemos observar as flores, as follas, escoitar o piar dos paxariños, e pola noite axiña ollar ao ceo e ver as estrelas e a Saturno, Marte, Xupiter e Venus.
Eu teño unha preguntiña para vós:
Sabes o que  é o equinoccio de primavera?.
Para darvos unha pista.  No inicio desta estación
coinciden .....................

jueves, 15 de marzo de 2012

POETAS OLÍMPICOS



Poetas olímpic@s, ou olimpicamente poetas, como queira que sexa, encántanos escribir e nesta maratón queremos ser participantes e disfrutar creando  os nosos poemas, para que os  compañeir@s poidan ler e escoitar.

 



Por suposto que  lemos e recitamos, porque nos gusta e  para aprender deles, os poemas dos grandes:  Gustavo Adolfo Bécquer, Antonio Machado, Mario Benedetti, Gloria Fuertes, Rosalía de Castro, Antonio  García Teijeiro...

lunes, 12 de marzo de 2012

A PRIMAVERA. ODAS OLÍMPICAS

A primavera de 2012 comeza o 20 de marzo.
Dende o punto de vista astronómico e segundo o Instituto  Xeográfico Nacional, Venus pasará  por diante do Sol o 6 de xuño, evento que non volverá a suceder ata o ano  2117. Durante esta primavera produciranse dous eclipses, un anular de Sol o 20 de maio e outro parcial de Lúa o 4 de xuño, ningún deles visible desde España. Os planetas: Venus, Marte, Xúpiter e Saturno serán visibles ao comezo da noite, durante a primeira metade da primavera.

Dende o punto de vista poético:


Doña Primavera

Doña Primavera
viste que es primor,
de blanco, tal como
limonero en flor.


Lleva por sandalias
una anchas hojas
y por caravanas
unas fucsias rojas...
Gabriela Mistral.

É que con tanta flor, o sol radiante, o  piar dos paxariños... Estamos led@s!. Sentimos !. Estamos vivos!..





viernes, 2 de marzo de 2012

UNHA VISITA MOI ESPERADA

Esta mañá, recibimos nada menos que a visita de ABRAHAM CARREIRO, ilustrador e coautor de XOELIKI.
Como moi ben nos dixo Uxía, cando na biblioteca do colexio apareceron varios exemplares de Xoeliki, todos queriamos lelo, porque xa a portada prometía que ía ser un libro xenial; un libro dos que nos gustan tanto aos nen@s de agora:  internet, ciberpiratas, virus informáticos, chats, magicphones..... Mola magollón!.

Tras unha breve presentación da man de Uxía e David, que nos deron a coñecer a súa biografía, comezou o que realmente nos levara a este encontro: " Como traballou e como foron xurdindo os personaxes de Xoeliki, baseándose na observación de fotos, persoas, lugares...  e na consulta.

Todos opinamos que foi  unha experiencia que non esqueceremos, xa que despois de ler o libro, o poder coñecer, conversar e preguntarlle directamente a el, O AUTOR, foi un pracer.

As nosas valoracións:

Charlie:" Sorprendeume a forma na que foi creando ós personaxes, en quenes se inspiraba".
David:" Gustoume especialmente Barbabranca, como se inspirou para crealo, fixándose en xente maior".
Alba:"Gustoume a súa forma de traballar. Pareceume xenial o uso da Internet para traballar. Coa súa presentación dinme conta de que nos comprende a nós, os nen@s de hoxe; que nos encanta a internet e que non se nos pode prohibir buscar, saber e aprender a través dela. A rede social que creou "Tesouros piratas" paréceme moi interesante."
Julio:" Facía catro raias e parecía unha obra de arte. Estou desexando poder ler Xoeliki 2".
Fran:" O que máis me gustou foi cando nos mostraba a cidade de Vigo e como a ía transformando".
Uxía:" Gustoume saber que clase de debuxos animados vía cando era pequeno: os Simpson, os Picapedras..."
Roi:" Poidemos ver o difícil que resulta crear un personaxe, os bocetos que tivo que facer ata chegar ao que el quería".

A todos se nos fixo moi curta esta visita.
Moitas grazas Abraham por compartires connosco  un anaco do teu tempo.