lunes, 23 de junio de 2014

ATA SEMPRE!

Último día xuntos

Despois de dous cursos xuntos,  compartindo tanto, será imposible que nos esquezamos! Gardaremos para sempre eses momentos gratos e inolvidables e... aínda que xa non nos vexamos tan  a miudo seguirá habendo entre todos eses lazos que se foron creando ao longo do tempo xuntos, seguiremos sendo amigos.
Foi un tempo especial  aprendendo xuntos, un tempo que pasou ás presas porque estabamos a gusto.
De cada un de vós , recordaremos aquel detalle, aquel rasgo que vos diferencia dos demais.

 Foi marabilloso tervos na miña aula!






Confio en vós e sei que todo irá BEN, moi BEN.

O meu agradecemento as familias pola colaboración prestada durante todo o tempo.


                                                                    ATA SEMPRE!

Recordade que este tamén é o voso blog. Espero as vosas visitas e comentarios.

viernes, 6 de junio de 2014

UNHA VIAXE INESQUECIBLE

Estamos de volta, despois de tres fermosos días disfrutando tod@s xuntos, en contacto coa natureza, compartindo risas, coñecéndonos un pouco máis...
Agora que rematades esta etapa na escola, gardaremos entre os nosos recordos, esta  VIAXE  como unha AVENTURA INESQUECIBLE.



2."O pobo dorme", un divertido xogo.
1. Preparad@s para a aventura!

3. Comezando a ruta do  rio VERDUXO.
                                        
                                           4. Había que cruzar con coidado!


6. Mumm! Rica ensalada!
5. Empeñad@s en que o noso equipo gañara.
7. Chegaremos ao cume!

9. Un feto de quenlla,  víboras, sapos, píntegas...no taller de bioloxía.

8. Esmagando a Alberto.
10.  Un recordo para o futuro: chaveiros.



11.Últimos momentos antes do regreso.
Que mágoa!