jueves, 19 de diciembre de 2019

FELICES VACACIÓNS!

                                                                   O INVERNO

                                        Os montes verdes
coa brisa fría,
non esquezas,
o fermosa que é a ría.

Tardes de choiva
sentado na casa,
o vento frío 
a min me arrasa.

Pola ventá
vexo a choiva,
cansado estou
    desta historia.

                                                                   Pablo Costas Barros.




Rematamos trimestre e merecédesvos un descanso para poder disfrutar coa familia, cos amigos e ... tamén cos libros.

Aquí vos deixo suxerencias por si vos apetece mercar algún:



 
                                          Mergúllate nun mundo cheo de historias!

















martes, 12 de noviembre de 2019

Un novo relato, esta vez escrito por Emma Alén.
Unha conversación entre unha castaña , un apañacastañas e o lume . A castaña ten un dilema sobre o seu destino.



"O MAGOSTO E OS TRES AMIGOS"
Érase unha vez unha castaña que se atopaba moi soa, ninguén era seu amigo …Pero eso cambiou o día de magosto. Ela estaba no chan e de repente un neno colleuna e meteuna  nunha bolsa onde había máis castañas. Intentou saír con tanta enerxía que se quedou sen ela. Estaba tan cansa que se quedou sopa.
Cando espertou estaba tirada no chan xunto co bullo e o lume. Estaba rodeada de nen@s. Un deles acercouse para ver como se queimaban as castañas. Levaba un tetrabrick de leite cunha castaña debuxada.
-        - Ola, son castaña e non teño amigos. Gustaríame saber quen eres e por que tes un debuxo meu?
-         -Como que non me coñeces! Son o apañacastañas de Mario e el debuxoute a ti.
-         -E para que serves? - preguntou a castaña.
-         -Servo para que cando o lume vos queime e esteades feitas, os nen@s poidan gardarvos aquí e logo comervos.
-         -Comernos? Como que comernos? Estás   dicindo que primeiro me queiman e logo me comen?
-         -Non, primeiro  quéimante, logo  quítanche a pel e despois cómente.
-        - Iso dame igual, o que importa é que me comen!
-         -Tes razón, por que non te agochas no bullo para que non te collan?

Sen espera máis, a castaña meteuse debaixo do bullo. Ao cabo duns segundos o bullo comezou a desaparecer.
-         -Que pasa aquí? Desapareceu  o meu escondite! O lume queimouno.
-         -Non o queimei, zampeino!
-         -Ahhhhh!- responderon  a castaña e  o apañacastañas á vez.
-         - Non sabía que ti  falabas?- dixo a castaña.
-         -Nin eu.
-         -Pois sí que falo e  como o bullo sen deixar nada. Non debes ser moi lista, pois todas as castañas saben que van ser comidas algún día.
-        - E non se resisten?- preguntou  a castaña.
-         -Claro que sí, pero non poden escapar, porque se conseguesen sobrevivir ao magosto, non sobrevivirían aos vermes; que tamén as comen.
-         -Pero eu non quero morrer!
-         -Ninguén quere morrer! Ata eu morrerei e  o apañacastañas tamén.
-         -Que? Por que?- protestou o apañacastañas.
-         -Porque xa sabes que despois do magosto tirarante ao lixo.
-         -Mario nunca faría iso!
-         -Sí que o fará.
-         -Bueno, polo menos morreremos xuntos e eu morrerei feliz por ter dous amigos, volos dous.- dixo chorando  a castaña.
Así remata a historia dos tres amigos.
                                                                                   Emma Alén González.



Parabéns Emma! A seguir escribindo para que poidamos seguir disfrutando.


lunes, 11 de noviembre de 2019

AI MAMASIÑA QUE MEDO!. CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

Estamos moi content@s porque o noso compañeiro Juan Sousa Domínguez gañou o primeiro premio do concurso de relatos de medo proposto polo concello.
                                     
Tod@s escribimos o noso relato e todos eran especiais, pero como só podiamos optar tres ao concurso, tivemos que facer unha votación: decidimos que  participasen:  Juan co conto  titulado " A carniceira do coitelo"; Xana , co " As pantasmas da casa vella" e Candela, co " O Samaín de Ponteareas é un desmadre".

A CARNICEIRA DO COITELO

Na vila de Ponteareas había unha carniceira que tiña un coitelo, que lle dicía o estado de ánimo do animal ao morrer.
Sempre lle dicía que estaban tristes. Ela quería que estiveran moi felices e de tanto pensalo volveuse tola.
Foise a vivir a un bosque afastado.
Agora calquera que entre nese bosque oe as súas risas, cada vez máis forte.
Cando ela aparece leva o cóitelo oxidado, a súa roupa desgarrada e os seus ollos sen fondo e dicindo: E ti …estás triste ou feliz?.
Ninguén sabe o que pasa porque ninguén volveu para dicilo.
Esa  é a terrible historia da carniceira do coitelo!!!!

Juan Sousa Domínguez.


" AS PANTASMAS DA CASA VELLA"

Nunha casiña moi moi velliña vivía un neno orfo e os seus avós.
Achegábase o Samaín e Samuel, o neno que tiña oito anos, empezou a buscar algo pola casa, que lle poidese servir para ese día. Non había nada, pois os seus avós non tiñan disfraces. 
O neno desilusionado foi chorando para a súa habitación. Botouse enriba da cama e deuse conta de que podía ir disfrazado de pantasma.

Estivo toda a tarde recortando e decorando as sábanas. Rematou e foi poñer as tesoiras nunha estantería, pero cando as foi deixar, un libro caeu e para sorpresa do neno, quedou voando no aire. Oíuse un grito de dor.
Samuel empezou a chillar: - Unha pantasma, unha pantasma!.
Foi ao salón e viuse no espello.
_ EU TAMÉN SON UNHA PANTASMA!!!. PERO... QUE PASA AQUÍ?

Xana Fernández Martínez.


martes, 24 de septiembre de 2019

COMEZA O OUTONO

Outono 2019

O  outono comenzou o 23 de setembro ás 9h 50m hora oficial peninsular, segundo os  cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional). Esta estación durará 89 días e 20 horas,  terminará o 22 de decembro co comenzo do inverno.
Durante todo o outono Marte será visible ao amencer. Tras a posta do Sol veranse Venus, Saturno e Xúpiter.



POEMAS:

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.


Outono
ten sono,
non pode durmir.

Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore.




REFRÁN:
San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

ADIVIÑANZA:

Ave teño de nome

de  o revestimento

o que non adiviña
non ten discorremento.



Viñedos rojos en Aries - Vincent Van Gogh

Agora tócanos traballar a NÓS!!!!!!






miércoles, 18 de septiembre de 2019

DE VOLTA Á ESCOLA

 Benvidos!
Comezamos un novo curso, con moita ilusión e  moita curiosidade por aprender; sempre dende o respecto e a igualdade entre tod@s.

 


Ánimo  a disfrutar na escola como Mafalda!!!!!!


martes, 4 de junio de 2019

"ME GUSTA MI RÍO TEA"

TIVEMOS MOITA SORTE AO SER ELEXIDOS  PARA REALIZAR ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE, NA QUE ADEMAIS DE PASALO MOI BEN, APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE O  NOSO RÍO TEA E SOBRE A IMPORTANCIA DE COIDAR A NATUREZA E CONCIENCIAR A TODO@S   PARA COIDALA.




QUEREMOS  AGRADECER  AOS MONITORES A SÚA LABOR,  ACERCÁNDONOS AO NOSO RÍO TEA, COA SÚA AXUDA RECAPACITAMOS SOBRE A NECESIDADE DE MANTER AS AGUAS DOS RÍOS SEN CONTAMINACIÓN.

DÁMOSLLE  AS GRAZAS Á  CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL  POR  ESTE INTERESANTE PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE COÑECELO E PARTICIPAR NEL DA MAN DE" MISI" E DOS EXPERT@S QUE O REALIZAN.

viernes, 22 de marzo de 2019

Lecturas compartidas

Seguimos celebrando sesións de "Lecturas  compartidas", unha actividade que nos gusta moito facer porque:
Primeiramente preparamos as actividades, e para elo temos que aprender nós, e despois disfrutamos moito ensinando aos nen@s de primeiro.
O pasado 15 de marzo, reunímonos de novo co grupo de 1ª A, lémoslles lendas chinesas e exipcias, practicamos con eles papiroflexia e fixemos un xogo entre tod@s utilizando o alfabeto exipcio, o xogo consistía en descifrar unha oración.
Foi divertido e o tempo pasou voando.











A ver que sorpresa teremos na seguinte sesión!!!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019





                                                                  Coplas de Entroido:


"Xa está aquí o Entroido
 e nós imos de chinos,
 é o ano do porco
e nós levamos o porcino.



Esas caquiñas 
deberían limpar
os donos dos cans
para non se manchar". 


lunes, 28 de enero de 2019

AS PLANTAS

                                       

                             A REPRODUCIÓN SEXUAL DAS PLANTAS



martes, 22 de enero de 2019

Lecturas compartidas



O venres pasado iniciamos a actividade " Lecturas compartidas",  á nosa clase tocoulle cos nen@s de  1ºA.
 Comezamos 5ºA, coa actividade " Animais en perigo de extinción".
Falámoslles da lebre do piornal, do lince ibérico e da malvasia cabecibranca, contámoslles contos, fixemos un xogo.
 Pensamos que o pasaron ben. A nós gústounos moito mostrarlles o que aprenderamos sobre eses animais.
Queremos darlle as grazas porque foron un público estupendo.





miércoles, 9 de enero de 2019

LEONARDO DA VINCI


Leonardo da Vinci (Leonardo di ser Piero da Vinci) naceu  en Florencia, Italia,  o 15 de abril de 1452.
Ademais de famoso  pintor renacentista foi: anatomistaarquitectopaleontólogo,​artistabotánicocientíficoescritorescultorfilósofo, enxeneiroinventormúsicopoeta e urbanista.

Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil .

Polo que máis se lle coñece é pola pintura, sendo dúas das súas obras máis coñecidas, " A  Gioconda"" e "A Última Cea" , copiadas e  parodiadas en varias ocasións, ao igual que o  seu debuxo do " Home do Vitruvio". Unicamente se coñecen ao redor de 20 obras del. 

                                                                       "Mona Lisa"
O Retrato  en óleo de Lisa Gherardini​máis coñecido como "A Gioconda (en castelán La alegre) ,  atópase no  Museo do Louvre en Paris.
A  modelo podería ser unha veciña de Leonardo,  que podería  estar embarazada,  pola posición de esconder que teñen as súas manos.


HOME DO VITRUVIO


A ÚLTIMA CEA