miércoles, 19 de diciembre de 2018

Felices vacacións



Ao fin xa son vacacións !  Tempo para disfrutar, xogar, descansar e LER.
Por se vos apetece mercar algún libros ou pedirllo a alguén como agasallo, aquí tedes algúns títulos:
                           















viernes, 30 de noviembre de 2018

PRIMEIRO TRIMESTRE


Un pequeno agasallo, como compensación polo voso traballo realizado durante o trimestre.
Desexo que vos esforcedes aínda máis  no seguinte.

DISFRUTADE DO VÍDEO !!!

miércoles, 28 de noviembre de 2018

NATA Y CHOCOLATE

Sempre é agradable compartir LECTURAS para logo COMENTAR  e INTERCAMBIAR IMPRESIÓNS E OPINIÓNS.

Foi un inmenso pracer descubrir que tod@s disfrutamos coa lectura, tanto que xa imos comezar a segunda parte" NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES".



" A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR"

A semana pasada fomos ver unha obra de teatro, titulábase " A nena que quería navegar"
Era unha obra moi divertida, que ademais trataba un tema moi importante na escola " O BULLYING".
 Axudounos a reflexionar, a poñernos na pel dos nen@s que sofren bullying.

Tamén nos demos conta de algo moi importante: non debemos deixar que nos intimiden aínda que nos dean medo, hai que enfrontarse ás situacións e pensar que PODEMOS, que SOMOS CAPACES.



A nena que quería navegar


.

viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro. Día Internacional da eliminación da violencia de xénero



Cada 25 de novembro recordamos  que estamos contra a  VIOLENCIA MACHISTA na nosa sociedade.
Cada día defendemos que tod@s temos os mesmos dereitos.
Adxectivos como: forte, valente, intelixente, alegre, feliz, independente... NON TEÑEN XÉNERO e tanto serven para ELA como para EL.

Pinta o mundo de laranxa . Escóitame tamén (ONU)

Imaxe ONU mulleres


 Segundo un informe da ONU:
  • En todo o mundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física o sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental.
  • Só o 52% das mulleres casadas ou que viven en parella decide libremente sobre as relaciones sexuais, o uso de anticonceptivos e a  súa saúde sexual.
  • Casi 750 millóns de mulleres e nenas que viven hoxe en día  casáronse antes de cumprir 18 anos, mentras que uns 200 millones delas víronse sometidas á mutilación xenital feminina.
  • A nivel mundial en 2012, nun de cada dous casos de mulleres asasinadas, o autor era o seu compañeiro sentimental ou un membro da súa familia. No caso dos homes, estas circunstancias únicamente se deron nun de cada 20 homes asasinados.
  • O 71% das vítimas de trata en todo o mundo son mulleres e nenas, e 3 de cada 4 delas son utilizadas para a explotación sexual.
  • A violencia contra a muller é unha causa de muerte e incapacidade entre as mulleres en idade reprodutiva tan grave como o cancro e é unha causa de mala saúde maior que os accidentes de tránsito e a malaria combinados.

viernes, 16 de noviembre de 2018

CONTOS PARA O MAGOSTO E A CASTAÑA



Acercábase o magosto, e ocurréusenos que podiamos escribir diálogos disparatados nos que a protagonista fose a castaña.
Todos os diálogos eran moi orixinais e creativos, decidimos como mostrar publicar dous: o de XANA e o de CRISTIAN.



LA HOJA Y LA CASTAÑA


- Hola buenos días castaña, ¿qué haces?- saludó la hoja.
- Buenos días hoja, estoy intentando volar como tú - contestó la  castaña.
- Va a ser difícil porque hoy hay poco viento y tu pesas mucho. - Comentó la hoja.
- Ya, pero no tengo tiempo de hacerlo otro día,  por la tarde me voy al otro barrio.- Dijo con tristeza la castaña.
- ¿A qué barrio?.- Preguntó hoja.
- A ninguno idiota, hoy es el MAGOSTO.- Lloriqueó la castaña.
- Tranquila, ya me gustaría a mí.- Afirmó la hoja.
- ¡Cómo te va a gustar si te comen y te mueres! - Gritó la castaña.
- No cuando te comen no, cuando te asan, ese calorcito en la piel. ¡Ojalá pudiera vivirlo! - Deseó la hoja.
- ¡Mira, ahí hay una cerilla! ¡Qué bien! Tengo una idea, tu me lanzas al cielo para poder volar,  enciendes la cerilla y te churruscas. - Ideó la castaña.
- ¡Claro! - Exclamó la  hoja.
- Venga, lánzame. Pero no enciendas aún la cerilla, bueno... da igual. - Dijo con ganas la castaña.
- Lo siento, es que tengo frío. - Suplicó la hoja.
- ¡Venga!- Exclamó la castaña.
-¡ Aaaahhh, pesas mucho no puedo! - Intentó hoja.
- ¡Qué viene el fuego! - Chilló la castaña.
Así que los dos se “churruscaron” antes, y ni siquiera había sido el magosto.
- Tenías razón, no mola nada. - Dijo la  hoja.
- Ves. - Replicó castaña.








Xana Fernández Martínez





    La castaña habladora y el niño zampón.


Un niño llamado Pepe, se sentó en un banco, debajo de un castaño en el magosto y le cayó un erizo en la cabeza.
-¿Por qué tienes la cabeza tan dura?- Pregunta enfadada una castaña.
-¿Quién habla?- Interviene Pepe.
- ¡ Ahhhh, me habla una castaña!- Exclama Pepe.
- ¡ Pues claro que te habla una castaña, yo !- Grita enfadada.
- Es la primera vez que veo una, así que te llevaré a una sauna. - Afirma Pepe.
Ya en la hoguera.
- ¡ Que calentita !- Murmura.
- ¡ Y que rica!- Dice él.
-¿Qué ?- Pregunta.
- Nada, nada.- Responde.
Entonces Pepe se la mete en la boca.
- No te atrevas a tragarme.
- Pues claro, eres una castaña y la tradición familiar dice:
Pepe zampón come, castañas un montón.
                         

                             Cristian Romero Martínez

Oxalá as disfrutedes tanto coma nós!!!

martes, 13 de noviembre de 2018

SAMAÍN NA ESCOLA

 Durante toda a semana na biblioteca da escola estivemos a contar e a representar as nosas creacións, contos de medo, nos que os protagonistas eran nen@s aos que lles pasaban cousas non moi habituais.

O xoves tocounos a nós, e aínda que nerviosiñ@s fixémolo ben polo que quedamos moi contentos e con gañas de escribir máis.








miércoles, 7 de noviembre de 2018

RELATOS DE SAMAÍN



Estivemos traballando para inventar e escribir contos de medo, algúns de nós participamos no Concurso "Ai, mamasiña que medo" que propuxo  a Biblioteca Municipal.
Pensamos que o importante é participar, pero ademais o noso NICO FOI UN DOS CATRO FINALISTAS CO SEU RELATO "ENSANGUENTADO".

Espero que este acontecemento nos siga animando a todo@s para seguir escribindo, para divertirnos nós  e entreter aos demais. ÁNIMO!!

Noraboa Nico!! Estamos moi orgullosos de ti.






miércoles, 31 de octubre de 2018

31 DE OUTUBRO



                   
                                           CELEBRANDO O  SAMAÍN NA ESCOLA


A chegada do outono e a celebración do Samaín tivéronnos moi ocupados preparando traballos, ideando disfraces e como non, CREANDO HISTORIAS TERRORÍFICAS  para divertirnos, e dar un pouco de medo aos nosos compañeir@s.



Mostramos algúns exemplos:









 
 
 
 










lunes, 1 de octubre de 2018

Presentación

Aproveitando que o venres na escola celebramos o día das mensaxes en inglés," English T-shirt day ", facemos a presentación do noso grupo, faltaba Ilai.

Con desexos de que sexa un bo curso para tod@s, no que aprendamos moito xuntos.


BENVID@S!!!!!




lunes, 17 de septiembre de 2018

Curso 2018-19

Benvidos ao noso blogue.






Quero presentarvos o noso blogue, no cal poderedes atopar información relacionada cos contidos que imos a traballar e no que tamén publicaremos traballos e actividades que realicemos ao longo do curso.
Desexo que sexa do voso agrado e que vos apeteza participar e utilizar durante o curso.

miércoles, 25 de abril de 2018

Isabel Blanco Rivas e Rosaura na nosa escola












 Escritora e avogada.

Esperabamos con ansia , emocionad@s e algo nerviosill@s a visita de ISABEL BLANCO, unha sesión para todo o alumnado de 6 Nivel.
Despois de ler o libro " As receitas de Rosaura" comezamos a escribir os nosas propias creacións , as cales tamén están relacionadas coa gastronomía.

Foi un pracer compartir con ela ese anaco de tempo, durante o cal a coñecimos un pouquiño máis, compartimos lectura de poemas de Rosaura, incluso tivemos a primicia de disfrutar da lectura de algúns poemas do seu novo libro " Rosaura e o mar", que está a punto de saír.

Moitísimas graza ISABEL  !!!! Esperamos volver a poder contar contigo na nosa escola!!!!!











viernes, 2 de marzo de 2018

Día Internacional da muller .

Celébrase o día 8 de marzo. A primeira celebración do Día Internacional da Muller tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, e desde entonces extendeuse a numerosos países. En 1972 a Asamblea General de las Naciones Unidas declaró 1975  Ano Internacional da Muller.


Incendio na fábrica Triangle Shirtwaist de Nueva York, o 25 de marzo de 1911. Morreron 146 mulleres e 71 resultaron feridas. A gravedade do desastre fixo que se modificara a lexislación laboral en Estados Unidos.





Clica aquí






Mulleres na historia








I