martes, 31 de marzo de 2020

Os vosos circuítos

Boas tardes!

A primeira ronda de circuítos! Animádevos os demáis a enviar as vosas fotos ;)


Cristian: 

Uxía: 

Xurxo: 


Unha aperta.
Ángeles

UN POEMA NA TÚA VOZ


Se tes gañas de ler en voz alta, velaquí che deixo un CONCURSO para pasar un anaquiño de tarde ocupad@ e entretid@!




Unha aperta!
Ángeles

ADIVIÑA!

Tes un anaco de tempo para pensar?

Apunta, calcula e contesta: 😉
  • Enrique tiña dez anos cando naceu Hector.
  • O ano que ven, Hector terá 1/4 da idade da súa nai.
  • A súa nai ten entre 38 e 60 anos.
  • O ano pasado Hector tiña 1/2 da idade de Enrique.
Cal é a idade de Hector? 
Pista: utiliza os múltiplos coa idade da nai. 





E agora, seguimos adiviñando...🤔que será será...
  • Aínda que ten patas non camiña : é........ 
  • Fala e non ten boca: é.........
  • Ten dentes e non morde: é.......
Escribe as respostas no Drive.
Unha aperta.

lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES  PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL.

Matemáticas:
Imos repasar os dous temas anteriores para rematar a avaliación:
Porcentaxes,  regra de tres, proporcionalidade e  números enteiros.

Entra en Mundo Primaria →IXL- Matemáticas 6º de primaria: 
→Números  enteros : Os  apartados D.7 e D. 2.
→Porcentajes: Os apartados I. 2 e I.3

Lingua castelá:
a. Repasa los verbos de las tres conjugacións tanto indicativo como subjuntivo.

b. Analiza las seguientes formas verbales: 
    Hables.    Hablé.           Jugaríais.                  Habían hablado.
 
 Escribe: 
  • Pretérito perfecto simple del verbo cantar.
  • Pretérito imperfecto de subjuntivo del verbo jugar.
  • Pretérito anterior del verbo reir.

c. Describe este cuadro de Dalí. 



Ten en cuenta :
  • Anota los elementos del paisaje con dos adjetivos o características  de cada uno. 
  • Agrúpalos y haz frases. 
  • Ordenas las frases, haz una introducción y un final ( tu valoración personal), añade nexos y conectores.

Lingua Galega:
  • Repasa os pronomes persoais. Cantos tipos hai? 
  • Explica a posición dos pronomes átonos e fai un cadro cos casos nos que cambia de posición. Pon un exemplo de cada un.
  • Inventa un diálogo disparatado relacionado coa primavera:
    • Recorda introducir as frases de cada personaxe cunha raia.
    • Aclara ao final da frase quen fala. Fai unha ilustración.
Ciencias Sociais:

  • Lectura da páxina 116. 
  •  Completa o esquema no Drive. Tes o documento na carpeta "A CARPETA GRUPO 6º A"
  • Repasa a liña do tempo do século XX. 




                      Pinterest.com


  • Repasa os apartados do tema que xa traballamos  entrando en:


Jugando y aprendiendo


Ciencias naturais:

Para repasar o tema imos facer as seguintes actividades:
Páxina 117, exercicios 1, 2 e 3.
Páxina 118, exercicios 3 e 4.
Páxina 119, ejercicio 10.


Ánimo, xa entramos na última semana do trimestre! Aínda que teremos que seguir uns días máis sen poder sair,  estando ocupad@s pasarásenos antes o tempo.
Unha aperta.







domingo, 29 de marzo de 2020

MONSTERBOX

Que tal levades a tarde deste primeiro domingo de primavera? 
Ánimo que xa nos queda pouco para poder saír de novo á rúa!!!
Xa sabedes que con alegría e humor lévase mellor.

Aquí un pequeno agasallo para que disfrutedes acompañado@s. Unha aperta

 

sábado, 28 de marzo de 2020

ARTISTADAS!!!

 Noraboa a estos inxeniosos! Seguimos compartindo arte!  👩🏻‍🎨Uxía 👨🏻‍🎨 Breo 






viernes, 27 de marzo de 2020

Traballamos matemáticas

Que tal ides? Moi aburridos de estar na casa?

Pois agora toca traballar un pouco, así que imos alá.
Hoxe faremos matemáticas.


Probabilidad y estadística

Entra de novo en mundoprimaria.com- matemáticas de 6° de primaria- Probabilidad y estadística.
Elixe un exercicio de cada un dos apartados, resolve e comproba que o fixeches ben. Agora pasa os exercicios ao diario de actividades, serán cinco.
Non esquezas poñer a data.

Para impresionar aos vosos pais:





"O Principiño"

Para facer a tarefa do fragmento do Principiño, tes un documento no Drive. Creei unha carpeta, a que lle chamei A CARPETA DE GRUPO 6ºA, nesta carpeta irei poñendo documentos que todos teredes que copiar para poñer na vosa. Empezamos co Principiño.

Unha aperta 



jueves, 26 de marzo de 2020

"Mergullándonos na lectura dende o sofá"

Unha proposta da biblioteca da escola para que se saiba que sempre disfrutamos da lectura, agora será dende o noso fogar, no noso sofá, tranquilamente.
Faite a túa foto lendo, algúns compañeir@s xa o  fixeron.
Anímate e envíaa ao Blog da biblioteca ✏️📖📖☺️☺️

O PRINCIPIÑO

Qué tal? Botando de menos aos compis? Seguro que xa queda pouco para que vos vexades.
Mentras tanto podemos seguir traballando para manternos ocupad@s e para seguir aprendendo cousas novas.

Hoxe imos traballar lingua castelá.
Tod@s coñecedes o libro do " Principiño", propóñovos que leamos este fragmento:


“Si me domesticas, mi vida se llenará de sol. Conoceré un ruido de pasos que será diferente de todos los otros. Los otros pasos me hacen esconder bajo la tierra. El tuyo me llamará fuera de la madriguera, como una música. Y además, ¡mira! ¿Ves, allá, los campos de trigo? Yo no como pan. Para mí el trigo es inútil. Los campos de trigo no me recuerdan nada. ¡Es bien triste! Pero tú tienes cabellos de color de oro. Cuando me hayas domesticado, ¡será maravilloso!  El trigo dorado será un recuerdo de ti. Y amaré el ruido del viento en el trigo.
El zorro cayó  y miró largo tiempo al principito.
- ¡Por favor…, domestícame! –dijo. 
- Bien lo quisiera -respondió el principito-, pero no tengo mucho tiempo. Tengo que encontrar amigos y conocer  muchas cosas.
- Sólo se conocen las cosas que se domestican -dijo el zorro-. Los hombres ya no tienen tiempo de conocer nada. Compran cosas hechas a los mercaderes de amigos. Pero como no existen mercaderes de amigos, los hombres ya no tienen amigos. Si quieres un amigo, ¡domestícame!
- ¿Qué hay que hacer? –dijo el principito.
- Hay que ser muy paciente –respondió el zorro-. Te sentarás al principio  un poco lejos de mí, así, en la hierba. Te miraré de  reojo y no dirás nada. La palabra es fuente de malentendidos. Pero, cada día, podrás  sentarte un poco más cerca.
Al día siguiente volvió el principito.
- Hubiese sido mejor venir a la misma hora –dijo el zorro-. Si vienes, por ejemplo, a las cuatro de la tarde, comenzaré a ser feliz desde las tres. Cuanto más avance la hora, más feliz me sentiré. A las cuatro me sentiré agitado e inquieto: ¡descubriré el precio de la felicidad! Pero, si vienes a cualquier hora, nunca sabré a qué hora preparar mi corazón. Los ritos  son necesarios.
- ¿Qué es un rito? –dijo el principito.
- Es también algo demasiado olvidado –dijo el zorro-. Es lo que hace que un día sea diferente de los otros días; una hora, de las otras horas.
- Adiós –dijo el principito.
- Adiós –dijo el zorro-. He aquí mi secreto. Es muy simple: no se ve bien sino con el corazón. Lo esencial es invisible a los ojos”.
(Antoine de Saint-Exupéry, El principito)


 Entra no  Drive e cubre o cuestionario.   
Despois colle o diario de actividades e fai un pequeno comentario sobre a lectura. 
Por último, investiga con cantos animais se atopa o Principiño ao longo do libro e escríbeo no diario, exprésao cunha frase orixinal.      
                                   
                                Unha aperta. Ángeles

miércoles, 25 de marzo de 2020

Artistadas!!!

Comezamos a compartir as vosas creacións artísticas!!!

Noraboa aos inxeniosos 👩🏻‍🎨Silvia 👨🏼‍🎨 Cristian e 👨🏼‍🎨Xurxo!









Quen máis se anima? 🙃

PILOTOS DE AVIÓN

Bos días!

Hoxe propóñoche un estudio experimental algo distinto

Imos a facer 3 avións de papel e estudiaremos o seu voo en función das características do papel.

Aquí tes as instrucións
Colle tres anacos de papel de diferentes lonxitudes e constrúe un avión con cada un deles.
Podes decoralos con pegatinas ou pinturas se che apetece. 
Marca cun obxeto ou unha cinta a liña de despegue no corredor ou no cuarto no que voarán os teus avións.
Lanza cada avión e mide a lonxitude do vooAnota nunha táboa: a lonxitude do voo de cada avión (en mm, cm e m), tempo que estiveron no aire e describe cun debuxo a traxectoria do voo.



Cal foi a lonxitude máxima de voo? E a lonxitude media? Que pensas que pode influír máis na lonxitude do voo?
Fai un documento para o Drive con todos os datos e unha valoración sobre a tarefa.

A voar alto!!
Unha aperta,
Ángeles

martes, 24 de marzo de 2020

Xogos de matemáticas

Bos días!

Deixo aquí, un par de xogos de mates para entretervoó durante a fin de semana en familia :)

Múltiples afortunados
Lanza o dado e avanza polo taboleiro.
- Se aterras nun múltiplo de 3, avanza dous lugares.
- Se aterras nun múltiplo de 7, avanza tres lugares.
- Se aterras nun múltiplo de 3 e 7, avanza cinco lugares.


Para gañar tes que aterrar en “Finish”! Boa sorte!



Loto de números primos:
Este xogo é como mínimo para dous xogadores.  Cada xogador precisará o seu propio cartón de lotería (imaxe 2)
Recorta individualmente números da imaxe 1 e coloca cada carta cun número boca abaixo en dous montons iguais.
Cada  xogador escolle dúas cartas de números. As dúas cartas escollidas forman un número, cada xogador marca o seu número resultante no taboleiro.

Despois de dez turnos, gaña o xogador con máis números primos marcados (son azuis no taboleiro).
 





Compartimos un plan?

 Que vos parece si comezamos a compartir entre tod@s boas ideas: unha receita de cociña, unha manualidade de reciclaxe, un conto ou poema escrito por vós, unha canción que vos anime, unha recomendación dun libro que vos entusiasme...

Empezo eu cunha receita:  "Tres aperitivos sinxelos", espero que vos guste o queixo:

1. Porco espiño de queixiños:
Con améndoas laminadas para facer as pugas, un anaquiño de améndoa para o nariz e olliños de olivas.
Parécese aos de verdade?



2. Abellas de olivas negras:
 Parte coa axuda dun adulto as olivas en tres anacos e o queixo tipo "cheddar" en pedazos do mesmo tamaño.
Intercala nun palillo olivas e queixo. Os ollos podes facelos con queixo de untar.
 Bzzzzzzz  bzzzzzz! 🐝



3. Pingüín de olivas con queixo e cenoria:

Coa acuda de un adulto, corta a cenoria para facer o peteiro e as patas. Corta as olivas á metade e enche de queixo de untar. Cun palillo, ensambla as patiñas de cenoria, o corpo recheo e a cabeza.



Anímate a probar a miña suxerencia e a compartir as túas!
Anota no diario de actividades un comentario de como che resultou a experiencia.
Non esquezas facer as fotos e subilas ao Drive para que podamos publicar todo no Blog.





lunes, 23 de marzo de 2020

REPENSAR GUERNICA

   Bos días!
Hoxe imos ir de visita ao Museo Reina Sofia, fixarémonos nun cadro do que falamos recentemente. Claro que sí, é  o "Guernica".
Entra neste enlace e logo responde as preguntas no teu diario de tarefas, recorda  que tes que poñer o título da actividade (Repensar Guernica) e as preguntas e respostas. Non esquezas poñer a data.

REPENSAR GUERNICA

Por quen foi bombardeada a cidade de Gernika? En que comunidade autónoma e en que provincia está situada? Localiza nun mapa de España a cidade de Gernika-Luno.
Quen lle fixo o encargo do cadro a Picasso? Para que?
Que foi o que inspirou a Picasso?
Ao redor de cantos esquemas e bosquexos fixo en dous meses e medio?
Onde estivo exposto antes de chegar ao Reina Sofía?
En que se convertiu?

Opinión persoal sobre o cadro, podes facer referencia ao que estaba pasando nese momento en España (repasa a páxina do tema onde explica a Guerra Civil).

Xa que falamos de arte, aquí tes unha foto do artísta. Atréveste a facerlle unha caricatura?
Fírmaa, faille unha foto e súbea ao Drive!
Faremos unha exposición coas orixinais cando volvamos á escola.



Unha aperta.





domingo, 22 de marzo de 2020

Semana do 23 ao 27

Actividades para facer durante a semana do 23 ao 27.


Matemáticas : 
- Exercicios da páxina 164.

Lingua Castelá: 
a. Inventa un poema:
- Terá entre seis e dez versos.
- Os versos serán de cinco ou seis palabras.
- Con algún tipo de rima (non todos os versos teñen que rimar).
- Inclúe algún recurso literario dos que vimos (personificación, comparación, metáfora, repetición).
- O tema do poema é libre, podes escribir sobre: a primavera, as flores, o campo...

b. Repaso da gramática do tema 8.

Lingua Galega:
a. Repaso da gramática do tema 7.

b. Inventa un conto. Utiliza o binomio fantástico: curuxa/orquestra. Ten en conta que debe ter tres partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace. Non esquezas separar as partes en diferentes parágrafos.
- Fai unha presentación no Drive.
- Deseña unha portada.
- Inserta algunha imaxe, pode ser foto, imaxes de internet ou debuxo .

Ciencias Naturais:
- Crea un texto instrutivo (tes o documento no Drive, na carpeta de ciencias), a modo de ficha sobre o teu circuíto eléctrico.

Ciencias Sociais:
-  Fai o comentario de texto da páxina 104, actividades 1, 2 é 3 (individualmente).

Plástica:
Entra no último enlace que aparece na pestana da esquerda do blog, plástica:
Busca as indicacións para facer un coelliño de Pascua.
Decórao e escribe unha dedicatoria.
Logo faille unha foto ben feita e súbea ao Drive.
Publicarémolas no blog.

A HORA DOS CIENTÍFICOS

Vémonos pronto!!! Unha aperta

"OMELETTE". ÓPERA NA CASA

Para disfrutar con mamá e papá
 Para poder acceder tédesvos que registrar e introducir o código: operaencasa
Feliz domingo!

jueves, 19 de marzo de 2020

Diario de actividades

Botando de menos a escola? Desexando ter tarefas para ocupar tanto tempo libre?
Propóñovos que desde hoxe ata que volvamos á escola, vaiades  facendo un diario de actividades das diferentes materias.
Prepara un caderno con folios dobrados(como facemos cos contos  que escribides) e cartolina para a portada, a cal terás que decorar. Cando xa teñas o caderno  preparado, poderás comezar.
Empezamos con lingua castelá.
Pon a data: 20 de marzo, 2020
Entra en MUNDO PRIMARIA.
Nas pestanas superiores, entra en: adiviñanzas -adiviñanzas familia.



Escolle  unha, escríbea no teu diario e tenta encontrar a solución.
A continuación inventa ti outra. Nas dúas escribe a solución de xeito que non se vexa( do revés, tapada...)
Segue nas pestanas  superiores e entra en: refráns- refráns sobre os meses do ano e tempo metereolóxico. Colle marzo e abril, elixe un de cada mes e escríbeo.
Explica o seu significado e fai unha ilustración.
Analiza os verbos dun dos refráns(consulta o libro para poñer correctamente o tempo).
Xa tes a primeira folla do diario!


Un xogo para comezar a fin de semana:


 Coidádevos moito. Unha aperta.


lunes, 16 de marzo de 2020

TAREFAS SEMANA 16-20 de Marzo

6ºA Nivel Actividades para realizar do 16 ao 20 de marzo


  1. MATEMÁTICAS:
Actividades das páxinas 162 e 163 (consultar temas anteriores).
  1. LINGUA CASTELÁ:
  1. Escribe a entrevista que lle farías a unha persoa que admiras pola súa profesión.
    Esta entrevista incluirá:
    • Unha presentación da persoa: onde naceu, cando… e ademais explica as razón polas que a queres entrevistar.
    • As preguntas da entrevista e unha despedida agradecéndolle a súa amabilidade.
  1. Elabora unha portada para o libro: O carteiro de Bagdad”.
  2. Fai un resumen de dez liñas do mesmo libro e non esquezas incluír o túa opinión (destacando algo que che gustou especialmente e algo que non che agradou).
  1. LINGUA GALEGA:
  1. Lectura do libro: O aroma do liquidámbar 
  1. Elabora a ficha dun animal invertebrado, incluíndo os seguintes apartados:
    • Título
    • Nome en galego, castelán, inglés e francés
    • Identificación (Descrición)
    • Especies de animais similares
    • Hábitat
    • Imaxe/Foto
  1. Recolle titulares de noticias relacionadas co COVID-19 incluíndo a data. Vainas pegando para facer un seguimento.
  1. CIENCIAS NATURAIS
  1. Lectura das páxinas 114 e 115.
  2. Constrúe un circuíto eléctrico seguindo as instrucións da páxina 116.
  1. CIENCIAS SOCIAIS
Esquema da arte contemporánea e busqueda de imaxes representativas de edificios e cadros desa época para cada un dos diferentes estilos.
Fai unha presentación Google Drive.
 
ACTIVIDADES PARA REPASAR O TEMA 8 DE MATEMÁTICAS 
Vídeo explicación: media, mediana, moda e rango


ACTIVIDADES TEMA 8 DE MATEMÁTICAS
Repaso: a representación de datos
Nos seguintes vídeos tedes un repaso de como poden ser as gráficas, como elaboralas e como anilizalas.
Vídeo: Como poden ser as gráficas
Vídeo: Como analizar unha gráfica
Vídeo: Como elaborar unha gráfica a partir dos datos dunha táboa


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
Vídeo: Fai unha sinxela lanterna na casa: http://www.youtube.com/watch?v=xs0kg2mmpCU
Vídeo: Como facer un taboleiro cun circuíto eléctrico: http://www.youtube.com/watch?v=egkYsCOVkL4&feature=emb_title
Para os que queirades seguir traballando: a app ACADEMONS permítevos traballar todos os temas de primaria no móbil ou tablet.

miércoles, 4 de marzo de 2020

FRANK GEHRY




Casa danzante. Praga

Frank Gehry naceu en 1929 en Toronto,  Canadá. Arquitecto contemporáneo de estilo postmodernista.

 Foi desenvolvendo o seu propio estilo, con deseños de edificios de estruturas curvas, cubertas de metais reflectivos e frecuentemente inacabados. Nun mesmo edificio incorpora varias formas xeométricas simples. Ás veces os seus deseños non son fáciles de comprender.

Museo Guggenheim. Bilbao
Museo da biodiversidade. Panamá

Sala de Concertos Walt Disney. Los Angeles, EE.UU






Adega-Hotel Marqués de Riscal en Elciego (Áraba, País Vasco)