miércoles, 25 de noviembre de 2015
domingo, 15 de noviembre de 2015
viernes, 13 de noviembre de 2015
O MAGOSTO
O pasado luns celebramos o MAGOSTO na nosa escola:

Fixemos unha fogueira e asamos as CASTAÑAS.
XOGAMOS ao pano e tamén á roda.

" Señora María, señor Manuel,
castañas asadas e viño con mel
e viño con mel,
señora María, señor Manuel".
Ademais entre tod@s nós inventamos as aventuras de FOLLIÑA, unha castaña que naceu este outono
martes, 10 de noviembre de 2015
domingo, 8 de noviembre de 2015
QUERES COÑECER UN POUCO MÁIS A MORGANA?
"9 de setembro
Como pasa o tempo. A semana pasada estaba na praia en bikini e non hai nin dez minutos que me deron o horario de sexto. Tocoume Sabela de mestra, a mínimo común divisor, como a chama Ricardo. El tívoa hai un par de anos e di que lle tiña manía. Ricardo é dous anos maior ca min e, se non fose pola maldita manía, xa estaría en segundo de Secundaria",

Teño 11 anos e 7 meses e puxéronme Morgana porque estaba de moda. Teño os ollos verdes, estudo sexto de Primaria e xogo ao baloncesto. O meu irmán Ricardo quere poñer un piercing no nariz, e por pouco non llo fai o meu pai sen anestesia nin nada. Na escola, din que vai vir unha mestra nativa de inglés e Silvia cre que ...

Xa está na nosa biblioteca de aula, Morgana agarda entre os andeis a que a elixa como amiga para disfrutar con ela as súas aventuras. Sé ti o primeir@ en ser a súa amig@!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)