A REPRODUCIÓN SEXUAL DAS PLANTAS
lunes, 28 de enero de 2019
martes, 22 de enero de 2019
Lecturas compartidas
O venres pasado iniciamos a actividade " Lecturas compartidas", á nosa clase tocoulle cos nen@s de 1ºA.
Comezamos 5ºA, coa actividade " Animais en perigo de extinción".
Falámoslles da lebre do piornal, do lince ibérico e da malvasia cabecibranca, contámoslles contos, fixemos un xogo.
Pensamos que o pasaron ben. A nós gústounos moito mostrarlles o que aprenderamos sobre eses animais.
Queremos darlle as grazas porque foron un público estupendo.
miércoles, 9 de enero de 2019
LEONARDO DA VINCI
Leonardo da Vinci (Leonardo di ser Piero da Vinci) naceu en Florencia, Italia, o 15 de abril de 1452.
Ademais de famoso pintor renacentista foi: anatomista, arquitecto, paleontólogo,artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeneiro, inventor, músico, poeta e urbanista.
Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil .
Polo que máis se lle coñece é pola pintura, sendo dúas das súas obras máis coñecidas, " A Gioconda"" e "A Última Cea" , copiadas e parodiadas en varias ocasións, ao igual que o seu debuxo do " Home do Vitruvio". Unicamente se coñecen ao redor de 20 obras del.
"Mona Lisa"
O Retrato en óleo de Lisa Gherardini, máis coñecido como "A Gioconda (en castelán La alegre) , atópase no Museo do Louvre en Paris.
A modelo podería ser unha veciña de Leonardo, que podería estar embarazada, pola posición de esconder que teñen as súas manos.
![]() |
HOME DO VITRUVIO |
![]() |
A ÚLTIMA CEA |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)