miércoles, 20 de noviembre de 2019
martes, 12 de noviembre de 2019
Un novo relato, esta vez escrito por Emma Alén.
Unha conversación entre unha castaña , un apañacastañas e o lume . A castaña ten un dilema sobre o seu destino.
Unha conversación entre unha castaña , un apañacastañas e o lume . A castaña ten un dilema sobre o seu destino.
"O MAGOSTO E OS TRES
AMIGOS"
Érase unha
vez unha castaña que se atopaba moi soa, ninguén era seu amigo …Pero eso
cambiou o día de magosto. Ela estaba no chan e de repente un neno colleuna e
meteuna nunha bolsa onde había máis
castañas. Intentou saír con tanta enerxía que se quedou sen ela. Estaba tan
cansa que se quedou sopa.
Cando
espertou estaba tirada no chan xunto co bullo e o lume. Estaba rodeada de
nen@s. Un deles acercouse para ver como se queimaban as castañas. Levaba un
tetrabrick de leite cunha castaña debuxada.
- - Ola,
son castaña e non teño amigos. Gustaríame saber quen eres e por que tes un
debuxo meu?
- -Como
que non me coñeces! Son o apañacastañas de Mario e el debuxoute a ti.
- -E
para que serves? - preguntou a castaña.
- -Servo
para que cando o lume vos queime e esteades feitas, os nen@s poidan gardarvos aquí e logo comervos.
- -Comernos?
Como que comernos? Estás dicindo que primeiro me queiman e logo me
comen?
- -Non,
primeiro quéimante, logo quítanche a pel e despois cómente.
- - Iso
dame igual, o que importa é que me comen!
- -Tes
razón, por que non te agochas no bullo para que non te collan?
Sen espera máis, a castaña meteuse debaixo do bullo. Ao cabo duns
segundos o bullo comezou a desaparecer.
- -Que
pasa aquí? Desapareceu o meu escondite!
O lume queimouno.
- -Non
o queimei, zampeino!
- -Ahhhhh!-
responderon a castaña e o apañacastañas á vez.
- - Non sabía que ti falabas?- dixo a castaña.
- -Nin
eu.
- -Pois
sí que falo e como o bullo sen deixar
nada. Non debes ser moi lista, pois todas as castañas saben que van ser comidas
algún día.
- - E
non se resisten?- preguntou a castaña.
- -Claro
que sí, pero non poden escapar, porque se conseguesen sobrevivir ao magosto,
non sobrevivirían aos vermes; que tamén as comen.
- -Pero
eu non quero morrer!
- -Ninguén
quere morrer! Ata eu morrerei e o apañacastañas tamén.
- -Que?
Por que?- protestou o apañacastañas.
- -Porque
xa sabes que despois do magosto tirarante ao lixo.
- -Mario
nunca faría iso!
- -Sí
que o fará.
- -Bueno,
polo menos morreremos xuntos e eu morrerei feliz por ter dous amigos, volos
dous.- dixo chorando a castaña.
Así remata a historia dos tres amigos.
Emma Alén González.
Parabéns Emma! A seguir escribindo para que poidamos seguir disfrutando.
lunes, 11 de noviembre de 2019
AI MAMASIÑA QUE MEDO!. CONCURSO DE RELATOS DE MEDO
![]() |
Estamos moi content@s porque o noso compañeiro Juan Sousa Domínguez gañou o primeiro premio do concurso de relatos de medo proposto polo concello. |
Tod@s escribimos o noso relato e todos eran especiais, pero como só podiamos optar tres ao concurso, tivemos que facer unha votación: decidimos que participasen: Juan co conto titulado " A carniceira do coitelo"; Xana , co " As pantasmas da casa vella" e Candela, co " O Samaín de Ponteareas é un desmadre".
“A CARNICEIRA DO COITELO”
Na vila de
Ponteareas había unha carniceira que tiña un coitelo, que lle dicía o estado de
ánimo do animal ao morrer.
Sempre lle
dicía que estaban tristes. Ela quería que estiveran moi felices e de tanto pensalo
volveuse tola.
Foise a
vivir a un bosque afastado.
Agora
calquera que entre nese bosque oe as súas risas, cada vez máis forte.
Cando ela
aparece leva o cóitelo oxidado, a súa roupa desgarrada e os seus ollos sen
fondo e dicindo: E ti …estás triste ou feliz?.
Ninguén sabe
o que pasa porque ninguén volveu para dicilo.
Esa é a terrible historia da carniceira do coitelo!!!!
Juan Sousa
Domínguez.
" AS PANTASMAS DA CASA VELLA"
Nunha casiña moi moi velliña vivía un neno orfo e os seus avós.
Achegábase o Samaín e Samuel, o neno que tiña oito anos, empezou a buscar algo pola casa, que lle poidese servir para ese día. Non había nada, pois os seus avós non tiñan disfraces.
O neno desilusionado foi chorando para a súa habitación. Botouse enriba da cama e deuse conta de que podía ir disfrazado de pantasma.
Estivo toda a tarde recortando e decorando as sábanas. Rematou e foi poñer as tesoiras nunha estantería, pero cando as foi deixar, un libro caeu e para sorpresa do neno, quedou voando no aire. Oíuse un grito de dor.
Samuel empezou a chillar: - Unha pantasma, unha pantasma!.
Foi ao salón e viuse no espello.
_ EU TAMÉN SON UNHA PANTASMA!!!. PERO... QUE PASA AQUÍ?
Xana Fernández Martínez.

jueves, 7 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)