No vídeo de Mafalda non hai diálogos nin narracións, aproveitamos para facer as explicacións segundo a nosa observación.
Alba, sempre responsable e observadora, dinos:
Mafalda aparece tomándolle a febre a bóla da terra, despois vaise a ver a tele cun neno. Cando a acenden ven un tanque destruíndo unha cidade, cambian de canal. Aparece unha cidade descontrolada. Volven a cambiar de canal, aparece un mar negro contaminado. Outra vez cambian de canal e aparecen persoas pobres pedindo.
Mafalda vaise a un cuarto, tómalle a febre a terrra, mira para o seu amigo, moi preocupada, e túmbase nunca banqueta que hai ao lado da bóla da terra. O amigo vaise do cuarto, e mira para o frente como decindo: ‘’ Hai que salvar a terra’’.
Julio, moi atento e sempre buscando explicacións, comenta:
Paula, sempre eficiente e moi hábil, opina:
Aparece unha nena, Mafalda, que lle pon un termómetro a un mundo enfermo.
Vaise a ver a televisión co seu amigo Felipe, na televisión só botan cousas como : guerras, contaminación... Felipe cambia varias veces de canal. Mafalda vai onde está o mundo, quítalle o termómetro e entristécese ao velo.
Isto quere dicir que estamos matando ao mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario