viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO

Estamos de festa… estamos de Entroido!
Durante a semana estivemos seguindo as órdenes do noso MEQUIÑO, que coma cada ano foinos dicindo que complemento de disfraz deberíamos traer:
 “O luns, algo no pescozo deberás colgar,
   O martes engadirás algo que no cabeza porás,
  O mércores , imaxina e debuxa na túa cariña,
 O xoves, con pinzas has de te adornar.
 Falta o venres! Pois non,
 O venres  todos de hippies
 toleamos a rabiar.”

O xoves, como xa é costume no cole, celebramos o DÍA DOS POSTRES.
Que ricos!  Orellas feitas con moita paciencia, filloas recheas con moito agarimo, bizcoitos de ledicia…
O mellor de todo foi que compartimos e probamos o que aos nosos compañeir@s lles gusta tanto , tantísimo do que lles cociñan as  súas  mamás, as mellores cociñeiras do mundo mundial!  Gracias mamás pola vosa colaboración.


O desfile hippie!
Hoxe na escola había caracois, abelliñas, bolboretas, piratas, guerreiros, exipcios, ….. e hippies, de todo menos nen@s  e profes.
Case que un cento de hippies pasearon, bailaron e xogaron. Hippies loiros, hippies morenos, hippies modernos ou dos anos  60... Pero todos cun gran lema: “ Con amor e paz, o mundo mellorará”.

Rematamos o día coa queima do Meco, xa que foi un gamberrete quixémolo castigar. E todos xuntos dixémoslle que deica o próximo ano o deixaremos descansar.


3 comentarios:

  1. Es q nosotros somos muy hippies :) La verda q los disfracs q se vieron alli eran impresionantes, a mi es q mas me gusto fue el d mariquitas d los pqs ¡estaban monísimos! jeje
    Paula ;)

    ResponderEliminar
  2. ese dia pasamolo moi moi ben o que pasa e qe me tocou levar a pancarta xunto con javi .
    el como e moi alto levantavaa moi alto e eu tiña qe estar de puntillas e agarrando o pau o mais abaixo posible para levantala tanto

    ResponderEliminar
  3. Fué muy divertido ir de hippies, todo eran camisetas viejas panatlaones de la familia, cosas que andamos a rebuscar... Fué muy divertido, y al final los disfraces quedaron muy originales.
    Los de más disfraces de los demás cursos también estuvieron genial: viejos, mariquitas, animales, futbolistas... de todo!
    Este carnaval fue muy divertido(;

    ResponderEliminar