viernes, 18 de enero de 2013

MÚSICA E PINTURA

16 de xaneiro.
9 da mañá. Chovía a cantaros!.
Chegamos ao auditorio de Caixanova e comezou a audición.

O espectáculo era de ODAIKO, catro estupendos músicos que nos divertiron coa súa música e transmitíronnos unha  mensaxe.
Isto foi o que nós entendemos:
AÍDA: Creo que trataban de ensinar que non son sempre necesarios os  instrumentos para facer música. Eles tocaban con obxectos e instrumentos de percusión."
JORGE:" Todos tocaban moi coordinados e pensei que llevarían anos de práctica, porque algo así non se aprende en tres días".
YÓNATHAN: "Ensináronnos como o home descubriu o ritmo e a música, con instrumentos de percusión".
HUGO: "Ao chegar alí, ao ver a lámpada, coma sempre, pregúntome como a limparán. ¡Ten tantos cristais!




Rematou a actuación e... Seguía chovendo!




O seguinte destino era a  Exposición Permanente de  Pintura de Caixanova. Alí  faláronnos de " expresar os sentimentos",  como os artístas nos transmiten os seus sentimentos a través das súas obras, sentimentos como:
- Tristeza por estar lonxe da túa terra, o que nós chamamos morriña, e que sentiu Maruja Mallo cando tivo que saír de Galicia ao exilio.
- O Amor e as bolboretas
- Os sentimentos que TI  experimentas cando formas parte dunha obra, aínda que só sexa por un intre.
Estas son os nosas opinións:
NEREA A, AÍDA e ESTELA: " Explicáronnos que era unha instalación artística. Cando nunha obra de arte, escultura, pintura, o público pode PARTICIPAR".
NEREA R. : " Encantoume a obra La Diva. No bosque , cando ti entrabas podías  escoitabar mesmo o ruído das follas ao camiñar".


LAURA: " Sorprendéronme as esculturas de homes de cera encerrados en películas antiguas, que representa que todos os homes estamos encerrados na película das nosas vidas".
ESTELA: " Mesmo teño gañas de coñecer máis sobre os artistas!".









Rematamos as actividades e... Seguía chovendo!

Pasámolo xenial y por supostos todos aprendemos cousas novas! Cumpríronse os nosos obxectivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario