sábado, 2 de marzo de 2013

COMEZA MARZO





Marzo é un mes que resulta longo, aínda vai frio, os días son curtos...pero marzo despide o inverno e  trae a esperada primavera!







Durante o mes de marzo celébranse distintos acontecementos:
 
- PINOCHO de Carlo Collodi, o 10 de marzo, cumpre nada máis nin nada menos ca 130 anos.

- O PRIMEIRO LIBRO IMPRESO, unha biblia, foi terminada nun taller de Gutenberg o 13 de marzo de 1455.

- O poeta andaluz, RAFAEL ALBERTI, publicaba o 16 de marzo de 1925 o seu libro de versos MARIÑEIRO EN TERRA.


- O 21 de marzo celebramos o comezo da primavera.




O tempo en marzo acostumar a ser moi cambiante; con frio, vento ... motivo de moitos refráns.

REFRANEIRO:

  • A viña do bo amo pódase no marzo; a viña do ruín pódase no abril.
  • Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.
  • Cando en marzo chove, i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
  • Cando marzo abrilea, abril marcea.
  • Cando marzo maiea, maio marcea.
  • Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo.
  • Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
  • Chuvia en marzo, nin o mexo dun gato.
  • Cóbregas en marzo, neves en abril.
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
  • Di o boi: sácame en marzo e verás como pazo.
  • Dixo no monte unha vella: Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato. Febreiriño contestou: Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro.
  • Dixo o pastor a marzo: mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis. E marzo respondeu: con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir.
  • En marzo, abrigo e pantrigo.

  • 
    
    
    Día de S.an Xosé, primeira anduriña se ve.
    

    Para traballar:
    Que é un refrán?
    Cal dos refráns é o que máis che gusta?. Intenta explicar o seu significado.
    Como se indica na lectura, en marzo é o aniversario de certos acontecementos. Fíxate e responde : En que ano se publicou PINOCHO?. Cantos anos hai que se saíu a luz  MARIÑEIRO EN TERRA?. E o PRIMEIRO LIBRO IMPRESO?



    Boa fin de semana!

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario