viernes, 10 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Santiago 1950-2002

Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.
                                                                              ROBERTO VIDAL BOLAÑO



 ROBERTO VIDAL BOLAÑO, como dramaturgo consegue que o teatro galego empece a medrar e a ser valorado. Ademais de AUTOR  foi actor, productor e director. Recibiu o Premio Nacional de Teatro.
Cando deixou o seu emprego na banca, decidiu profesionalizar a súa compañía de teatro Antroido.
A súa obra é ampla e variada, de diferentes estilos. Nela critica a modernidade e defende a recuperación do popular, do tradicional. Soubo reflexar na súa obra a Galicia do século no que viviu.


Entre as súas obras destacan:
AGASALLO DE SOMBRAS, adicada a Rosalia de Castro.
RASTROS E DOENTES.
SAXO TENOR. Premio Álvaro Cunqueiro.
ANIMALIÑOS.Triloxía sobre a vida nunha urbanización , onde sofren unha praga de caracois.
ACTOS ESCUROS.
LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES.


No hay comentarios:

Publicar un comentario