"Es feliz el que soñando, muere. Desgraciado el que muera sin soñar." |
CANTARES GALLEGOS
Como chove miudiño
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
¡Como a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!
Xa, dempois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.
Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
¡Como a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!
Xa, dempois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.
Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.
FOLLAS NOVAS
Vamos bebendo
-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro,
i hei de xuntalos cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei...
-Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentas non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
con galo negro,
para poñelos ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
¡Vamos bebendo!
-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro,
i hei de xuntalos cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei...
-Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentas non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
con galo negro,
para poñelos ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
¡Vamos bebendo!
A que soan os versos de Rosalía?... ESCOITA
Actividades:
En que século viviu esta gran escritora?
Cantos anos tiña cando se publicou "CANTARES GALLEGOS"?
Como cres que se sentía cando escribiu cada un destes poemas? Cal che gusta máis? Por que?
Volve a ler o poema de "COMO CHOVE MIUDIÑO" e compárao co que tes escrito. Atopas algunha diferencia? Indica cal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario