A que cheiran as follas do LIQUIDÁMBAR? |
Que sorte tivemos onte!
Recibimos nada menos que a visita de AN ALFAYA.
O mesmo que " O AROMA DO LIQUIDÁMBAR", AN encantounos. Resultou entretida, divertida, simpática.... Coma ela sabemos que os olores tráennos recordos, que a través deles podemos identificar as persoas e os lugares.
As nosas opinións:
Aída: “O que máis me gustou do que dixo An, foi a historia de como xurdíu o libro “ O
aroma do liquidámbar”: como foi o seu nacemento, canto tardou en escribilo, os
tratos que fixo con Mario, o seu fillo…”
Laura: “Todo o que ela dixo gustoume, pero algo que me
entusiasmou moito, porque a min tamén me ocorre, foi que dixera que cando
escribía se sentía libre porque ninguén
lle dicía o que tiña que escribir”.
Jorge: “Falou do libro “ O aroma do liquidámbar” e eu lino; por iso gustoume que falara del. Ademais
o libro escribiuno grazas ao seu fillo. Que divertido!”
Mateo: “Gustoume que dixera que lle gustan as mates, coma
min”.
Estela : “Todo o que dixo encantoume, sobre todo as dúas
divertidas anécdotas. A súa simpatía, a súa sinceridade e cando fala o seu
tono de voz é moi gracioso, non é seria”.
Alejandro Agís:” A anécdota da nena chamada Abril, que
logrou que un personaxe de An levara o seu nome. Que sorte!”FOI UN PRACER AN ALFAYA PODER ESTAR CONTIGO. GRAZAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario