jueves, 7 de abril de 2016

LAS MENINAS. MARÍA AGUSTINA SARMIENTO DE SOTOMAYOR.

Velázquez pintou a intimidade da Corte de Felipe IV.
Infanta Margarita Teresa de Austria
Este cadro non sempre foi coñecido como "As meninas".
A palabra menina é de orixe portugués, e significa paxe que entra a servir no palacio.
Infanta Margarita Teresa de Austria é o personaxe central desta obra.
Na obra hai detalles moi reais: a delicada cara da infanta, o pelo limpo de Nicolasiño e o can.
As cores que se utilizaron son maiormente grises e ocres, con algúns detalles en cores vivos.




Unha das serventas (meninas) da Princesa Margarita foi María Agustina Sarmiento de Sotomayor, cuxo pai foi conde de Salvaterra e marqués de Sobroso (o Convento de Canedo está situado no que fora o pazo da familia Sarmiento). María Agustina Sarmiento é a que lle ofrece auga a infanta Margarita nun búcaro.






DIEGO VELÁZQUEZ
Pintor do barroco, nado en Sevilla en 1599, trasladouse a Madrid para ser pintor da Corte de Felipe IV. Autor de  numerosos lienzos ( entre 120 ou 130), pintou sobre todo bodegóns e retratos. Chegou a dicirse del que foi " pintor de pintores" e tamén  que foi 
"o máis grande pintor que xamais existiu".
A maior parte dos seus cadros consérvanse no Museo do Prado en Madrid.
A cruz da Orden de Santiago foi engadida posteriormente, despois da morte do pintor


"Las hilanderas"
 Cadro de  tema mitolóxico que representa a fábula de Atenea e Aracne: " A xoven  Aracne, era moi boa texedora, ata tal punto que a xente comezou a dicir que texía mellor que a deusa Minerva, inventora da roca. Compiten entre elas e hai un empate".

Aracne é a muller que aparece de espaldas, a deusa finxe ser unha muller ancián 


No hay comentarios:

Publicar un comentario