viernes, 30 de marzo de 2012

PERSONAXES PARA OS NOSOS COMICS

Estamos  traballando " o cómic", comezamos por diseñar o ou a protagonista do noso, unha  moderna e picareira maga ou mago , queremos dicir magos e magas dos e das que fan maxia.

Diseños de: Charlie, Brayan G, Paula,
Marcos e  Fran
Puxemos a imaxinar como sería , e aquí temos algúns exemplos.

En  parellas estamos creando as nosas historias.








Andy Runton é un famoso creador de comics, o protagonista deles é Owly, un mouchiño bo e xeneroso ó que lle gusta ter amigos.
Para os que aínda non o coñecedes, aqui o tedes
OWLY AND WORMY

jueves, 29 de marzo de 2012

REMATA MARZO

Na escola xa dicimos: marzo poético.
Durante todo  o mes, ademais dunha chea de exámenes e traballos, tivemos tempo para recrearnos na composición: poemas, odas, acrósticos..






A Uxía  gústanlle os animais.








Charlie está ledo porque é primavera.
REMATA  marzo, pero nós seguiremos escribindo.

viernes, 23 de marzo de 2012

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

Que ben o pasamos onte! Fomos de visita ao Museo de Pontevedra :
" Machadas do Paleolítico e Neolítico, obxectos da Idade o bronce, pezas de prata dos séculos XV e XIX, unha colección  de acibeches,  unha embarcación viquinga,  un dos barcos cos que Colón chegou a América,  soubemos do contralmirante Méndez Núñez, louza de sargadelos, o retrato de Carlos III ( o seu zapato sempre nos sinalaba!).




Finalizamos xogando entre tod@s no parque.






Nós opinamos:
 “Foi moi divertido,  o parque molaba un montón” .
“ Todos coincidimos en que o enfoque da visita  nos parece moi apropiado, gustounos iso de que nós tiveramos que buscar os obxectos , que nos motivaba para estar moi atentos e interesados”.
“ Gustaríanos repetir a saída, para buscar outros obxectos, que alí había moitos ”.

lunes, 19 de marzo de 2012

EMPEZA A PRIMAVERA

 Recordamos que mañá empeza a primavera, estación durante a que podemos observar as flores, as follas, escoitar o piar dos paxariños, e pola noite axiña ollar ao ceo e ver as estrelas e a Saturno, Marte, Xupiter e Venus.
Eu teño unha preguntiña para vós:
Sabes o que  é o equinoccio de primavera?.
Para darvos unha pista.  No inicio desta estación
coinciden .....................