Que ben o pasamos onte! Fomos de visita ao Museo de Pontevedra :
" Machadas do Paleolítico e Neolítico, obxectos da Idade o bronce, pezas de prata dos séculos XV e XIX, unha colección de acibeches, unha embarcación viquinga, un dos barcos cos que Colón chegou a América, soubemos do contralmirante Méndez Núñez, louza de sargadelos, o retrato de Carlos III ( o seu zapato sempre nos sinalaba!).
Finalizamos xogando entre tod@s no parque.
Nós opinamos:
“Foi moi divertido, o parque molaba un montón” .
“ Todos coincidimos en que o enfoque da visita nos parece moi apropiado, gustounos iso de que nós tiveramos que buscar os obxectos , que nos motivaba para estar moi atentos e interesados”.
“ Gustaríanos repetir a saída, para buscar outros obxectos, que alí había moitos ”.
Fué muy divertida la excursión a Pontevedra.
ResponderEliminar