viernes, 2 de marzo de 2012

UNHA VISITA MOI ESPERADA

Esta mañá, recibimos nada menos que a visita de ABRAHAM CARREIRO, ilustrador e coautor de XOELIKI.
Como moi ben nos dixo Uxía, cando na biblioteca do colexio apareceron varios exemplares de Xoeliki, todos queriamos lelo, porque xa a portada prometía que ía ser un libro xenial; un libro dos que nos gustan tanto aos nen@s de agora:  internet, ciberpiratas, virus informáticos, chats, magicphones..... Mola magollón!.

Tras unha breve presentación da man de Uxía e David, que nos deron a coñecer a súa biografía, comezou o que realmente nos levara a este encontro: " Como traballou e como foron xurdindo os personaxes de Xoeliki, baseándose na observación de fotos, persoas, lugares...  e na consulta.

Todos opinamos que foi  unha experiencia que non esqueceremos, xa que despois de ler o libro, o poder coñecer, conversar e preguntarlle directamente a el, O AUTOR, foi un pracer.

As nosas valoracións:

Charlie:" Sorprendeume a forma na que foi creando ós personaxes, en quenes se inspiraba".
David:" Gustoume especialmente Barbabranca, como se inspirou para crealo, fixándose en xente maior".
Alba:"Gustoume a súa forma de traballar. Pareceume xenial o uso da Internet para traballar. Coa súa presentación dinme conta de que nos comprende a nós, os nen@s de hoxe; que nos encanta a internet e que non se nos pode prohibir buscar, saber e aprender a través dela. A rede social que creou "Tesouros piratas" paréceme moi interesante."
Julio:" Facía catro raias e parecía unha obra de arte. Estou desexando poder ler Xoeliki 2".
Fran:" O que máis me gustou foi cando nos mostraba a cidade de Vigo e como a ía transformando".
Uxía:" Gustoume saber que clase de debuxos animados vía cando era pequeno: os Simpson, os Picapedras..."
Roi:" Poidemos ver o difícil que resulta crear un personaxe, os bocetos que tivo que facer ata chegar ao que el quería".

A todos se nos fixo moi curta esta visita.
Moitas grazas Abraham por compartires connosco  un anaco do teu tempo.

 

1 comentario:

  1. Fue muy interesante el encuentro con Abraham Carreiro nos enseñó muchas cosas y es impresionante como dibuja.

    ResponderEliminar