jueves, 19 de abril de 2012

FIXEMOS UNHA SAÍDA!

Dende fai algún tempo, tiñamos organizada esta saída. Onte, aínda que o bo tempo non nos acompañou poidemos disfrutar de dúas actividades que nos resultaron entretidas e didácticas.
O noso programa era:
* Obra de teatro " ENAMORIRSE" (actividade proposta por Novacaixagalicia) cos pallasos Hula e Piojo e a Seño.
* Visita ao MARCO ( museo de arte contemporáneo) que esta vez presenta  a exposición   "PERFORMANCE".

Nós opinamos:
Alba: " Gustoume moito a visita ao MARCO. A arte contemporáneo paréceme fascinante, fanse esculturas con cousas que parecen imposibles. A obra de teatro resultoume divertida e orixinal, dado que os protagonistas converten unha traxedia nunha comedia. Gustoume moito".
Carlos :" Gustoume moito a obra de teatro porque era graciosa, sobre todo Piojo,que me facía rir. No MARCO o que me resultou máis interesante foi a burbulla de aire ao chocar cás paredes e resbalar".
Uxia: " No MARCO, cando entrei na casa hamster sentín mareo con só ver todo tirado e cousas polas paredes".
Francisco comenta que disfrutou cás dúas actividades, pero  que no Marco experimentou distintas sensacións en cada unha das salas: " Cando  entrei na casa hamster, sentín un pouco de medo, porque todo estaba tirado; ao entrar na burbulla de aire por uns segundos non podía respirar e  cando pisei na pantalla do chan sentía como se alguén me estivese a  gravar, foi o que máis me gustou". 
Charlie tamén comenta as sensacións que tivo cando viu as diferentes obras: " A casa hamster daba un pouco de vértigo e medo ao ver o video. A burbulla de plástico e aire era divertida, cando entrabas o aire na cara facía cóxegas".
Marcos: "Gustoume todo moito, pero o que máis foi o MARCO, a miña obra favorita é a burbulla xigante".

 


 





  

1 comentario:

  1. Fué estupenda la excursión al Marco, y la obra de teatro fué muy divertida.

    ResponderEliminar