Basora é a segunda cidade de Iraq en número de habitantes. Situada preto do Golfo Pérsico e ao sur de Bagdad. Rica en petróleo. Durante a guerra de Irak, dende 2003 ata 2011, esta cidade, igual ca o resto do país sufriu devastadoras consecuencias: bombardeos, saqueos, incendios, moitos mortos...
No medio daquel caos, unha muller trata de salvar os libros da Biblioteca Central da cidade. Esta muller é Alia, a directora, que con axuda dos seus familiares e amigos consegue salvar gran parte deles ( o 70%) .
Historia real que foi recollida no xornal "New York Times" en 2003.
|
Ela soña co fin da guerra. |
|
Poderedes lelo, xa o temos ! |
No seu libro Jeanette Winter resalta a amizade, a valentía e o valor da literatura.
Parece muy interesante, dado que es una historia real. Lo leeré
ResponderEliminar