martes, 3 de julio de 2012
Thilafushi
Sabiades da existencia da chamada illa da basura?
A Gran Mancha de lixo ou Sopa de plástico recibe o nome de Thilafushi, situada no Océano Pacífico, xa se sospeitábase da súa existencia en 1988.
Esta illa a diferencia das outras illas, está formada por toneladas de lixo: redes de pesca, cepillos de dentes, botellas e tapóns, lámpada, bolsas, etc. Xa ocupa unha extensión de 1.400.000 km².
Que ocasiona?
Como xa sabedes o plástico non é biodegradable (quere dicir que o plástico é unha substancia que non poden ser descompostas por organismos vivientes), vaise desintegrando en pedazos cada vez máis pequenos ata chegar a non ser visto; algunhas especies mariñas que viven cerca da superficie poden comelos e logo a vez eles ser comidos por outros peixes e estes polas persoas; xa estaría afectando a cadea alimenticia e polo tanto estaría afectando aos seres humanos.
Algúns deses residuos poden ocasionarlles ós peixiños dano, feridas e mesmo a morte ao enredarse nelas.
O plástico mariño permite a proliferación de especies invasivas que se pegan ao plástico flotante e viaxa con el, estas especies reprodúcense con moitísima facilidade e fan desaparecer outras especies.
En 2009 sóubose doutra mancha de lixo, está no Océano Atlántico.
Para evitar toda esta tristura, este verán, na praia ou no río, utiliza os colectores e vixía que os teus amig@s tamén.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario