Unha aperta,
Ángeles
Achégase o Nadal, as vacacións e agasallos. En nada, Papá Noel e os Reis Magos visitarán os vosos fogares para deixarvos todo o que lle pedistes na carta.
Seguro que lles pedides algún libro, para saber que será do voso agrado, podedes dicirlle o título a quen volo vaia mercar.
Aquí tedes unha selección deles que vos poden gustar:
![]() |
FELICES FESTAS!!!!!! Unha aperta, Ángeles |
"A CASTAÑA E A BELOTA”
Estaban unha castaña e unha belota conversando no chan.
- Belota, belota, ti cando caes do carballo? –preguntou a castaña.
- O mesmo día ca ti. – comentou a belota.
Xusto cando chegou o home e levou a castaña para asar, a belota dicía mentras a comía un porco: ahhhh!estou morrendo, pensaba que ía ser peor.
E así morreron as dúas, a belota comida por un porco e a castaña asada.
Roi Reboiro
"A CASTAÑA E O OURIZO"
Unha castaña e un ourizo eran os mellores amigos, estaban explorando por un bosque , que non coñecían de nada, cando a castaña dixo:
- Este bosque é moi tenebroso.
- É certo. – contestou o ourizo.
- Mellor ímonos de aquí. – engadíu a castaña.
- Non, eu quero seguir explorando – aclarou o ourizo.
O ourizo estaba moi enfadado. Despois de camiñar un tempo, a castaña dixo:
-Mira aquela árbore.
A árbore tiña forma de estrela, eso gustoulles aos dous e volveron a ser amigos.
Kerly
"O HOME FAMENTO"
Estaban unha castaña e unha mosca na casa dun home famento de castañas.
- VAIME COMER! SOCORRO, SOCORRO, AXUDA! – dixo a castaña.
- Que pasou? Contestou a mosca.
- Este home vaime comer! – engadíu a castaña asustada.
- Castaña, castaña, onde estades? - quito saber o home.
- E non podes voar? perguntou a mosca.
- Non. – respondeu a castaña.
- Ahh! Xa sei, se ves comigo polos sumidoiros, escaparemos e non te comerá.
- É unha boa idea, veña vamos. – respondeulle a castaña
Escaparon felices e volveron ao seu hábitat.
Noa Vaqueiro
"A CASTAÑA E O CASTIÑEIRO"
Unha castaña recen caída do castiñeiro e o castiñeiro conversan:
- Por que caíches de min? Acaso non estabas cómoda?
–preguntoulle o castiñeiro.
- NON, contestoulle ela.
- Entón que pasou?- quixo saber a árbore.
- E que cando se é maior coma min, caes da túa póla. –susurrou a castaña.
- Entón por que eu non caio, se xa son maior? – gritou a árbore.
- Ti es parvo ou que? Como vas cair ti? Eres unha árbore! - protestou a castaña.
Naquel momento a árbore deuse conta de que as árbores non caen.
Dafne
O mar e a nube
O mar bailaba e bailaba do aburrido que estaba. Como non sabía que facer, empezou a falar.
‒ Abúrrome, abúrrome ‒ dicía.
‒ Cala un pouco que me teño que concentrar!‒dixolle a nube.
‒ Concentrarte? Para que? ‒contestou o mar.
‒ Para que chova!!! ‒respondeulle a nube.
‒ Non!!!! Que non chova! Asustarás aos meus amigos ‒ engadiu o mar.
‒ Eso a min dame igual- replicou a nube. E fixo chover con todas as súas forzas.
‒ Pois agora voume vingar, gritarei e gritarei ata que LORENZO saia e así xa non te verei máis. JAJAJAJA…
Xabi Portela Prieto
Que gañas de volver á escola!!! Por fin xa estamos aquí!
Son tantas cousas que botabamos de menos: os amig@s, a aula, as tarefas, os libros, o estar ocupad@s...
Este ano, nada menos que 5º de Primaria! Que responsabilidade ter que facelo o mellor posible para que vós vos sintades orgullos@s e tamén o fagan papá, mamá e os profes! Dígovos un segredo??? Será moi fácil, só tedes que ser moi curios@s, responsables e... disfrutar aprendendo.
Serei a vosa titora, a vosa aula será "Arco da Vella" e este será o voso blog de aula. Xunt@s aprenderemos moito, faremos moitas actividades, experiencias, amig@s... disfrutando, creando, inventando... para cumplir os nosos soños.
Coñecedes o Principito? El tamén nos quere dar uns consellos para que todo vai ben na escola.
YO QUIERO REÍR
Yo quiero reír.
No quiero llorar.
Yo quiero sentir
el verde del mar.
El verde del mar
y el azul del cielo.
Yo quiero, yo quiero
tal vez navegar.
Sí, sí, navegar
arriba, en el cielo.
Tratar de volar
de espaldas al suelo.
Un pájaro, un pez,
yo quisiera ser
y poder cruzar
las nubes y el mar.
Unha aperta,
Ángeles
Ponteareas 19/6/2020.
A tod@s os meus alumn@s:
Seguramente moita veces soñabades con rematar na escola, ir ao instituto e facervos maiores; chegou o momento e é posible que agora esteades un pouco asustad@s, con nervios e coa incerteza de non saber como vai ser a nova etapa, o novo colexio…
Estade tranquil@s, todo vai ir ben. Recordades o primeiro día que viñéstedes ao colexio? Tamén vos sentiades así e erades pequenos. Será similar, alí faredes novas amizades, teredes novos profes e continuaredes a vosa aprendizaxe.
Marchades da escola deixando aquí a vosa pegada e botarémosvos moito de menos. Pero quedan moitos recordos que nunca esqueceremos: xogos, risas, excursións, algunha bronca…
A pesar das circunstancias que nos tocaron vivir, seguistes sendo responsables, estando motivados e esforzándovos na vosa aprendizaxe. Síntome orgullosa e quero fecilitarvos a vós e ás vosas familias, que vos apoiaron, para que vos mantiverades activos e non deixarades de aprender.
Non teño dúbida de que continuaredes facendo así. Non deixedes nunca de soñar, de ser curios@s , creativos e de inventar.
Ata pronto!!
Unha aperta moi grande,
Ángeles.