viernes, 19 de junio de 2020

ATA PRONTO!!


Ponteareas 19/6/2020.  

 

A tod@s os meus alumn@s:

 

Seguramente  moita veces soñabades con rematar na escola, ir ao instituto e facervos maiores; chegou o momento e é posible que agora esteades un pouco asustad@s, con nervios e coa incerteza de non saber como vai ser a nova etapa, o novo colexio… 

Estade tranquil@s, todo vai ir ben. Recordades o primeiro día que viñéstedes ao colexio? Tamén vos sentiades así e erades pequenos. Será similar, alí faredes novas amizades, teredes novos profes e continuaredes a vosa aprendizaxe.

 Marchades da escola deixando aquí a vosa pegada e botarémosvos moito de menos. Pero quedan moitos recordos que nunca esqueceremos: xogos, risas, excursións, algunha bronca… 

 A pesar das circunstancias que nos tocaron vivir, seguistes sendo responsables, estando motivados  e esforzándovos  na vosa aprendizaxe. Síntome orgullosa e quero fecilitarvos a vós e ás vosas familias, que vos apoiaron, para que vos mantiverades activos e non deixarades de aprender. 

Non teño dúbida de que continuaredes facendo así. Non deixedes nunca de soñar, de ser curios@s , creativos e de inventar.

Ata pronto!!

 

                                                                   Unha aperta moi grande,

                                                                   Ángeles.





Lembrade : "Non me renderei, intentareino todo"

Moita sorte!!!  O mellor sempre está por chegar!!!

*Tedes as recomendacións para o verán na entrada anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario