Gústounos moito o persoeiro das letras Galegas deste ano e como ademais xa traballamos o cómic, xuntamos todo e velaquí o resultado:
Os autores( na orde das diapositivas) son Uxía, Silvia, Xurxo, Breo, Cristian e Xulián.
Hugo Fontán fixo o experimento para poder ver as esporas do cogomelo.
Breo preferíu crebar a cabeza cun crebacabezas e Antía, Xurxo e Juan, cun sudoku.
![]() |
Crebacabezas |
![]() |
E logo revolseuno nun abrir e pechar de ollos. |
![]() |
Xurxo |
Xogo de mesa
Breo inventou un xogo ao que lle chamou: "Xogando co tempo"
![]() |
Ruleta e fichas |
![]() |
Taboleio |
Xogando co tempo:
Número de xogadores de 2 a 4 ( cada xogador ten unha ficha que representa cada estación).
Para xogar precisamos: un taboleiro como o da imaxe, unha ruleta coas cores e as fichas das estacións.
REGRAS:
-Empeza xogando o xogador máis novo.
-Para moverse polo taboleiro, teremos que xirar a ruleta e movernos ata a primeira cor que nos indique. Sempre teremos que movernos ata a cor que temos máis próxima a nós.
-Que facer en cada casiña:
1. Nas casiñas de cor verde teremos que responder a unha pregunta de temática do
tempo. Se adiviñamos seguiremos xirando a ruleta e avanzando.
2. As casiñas de cor azul co sol debuxado fan que avancemos dúas.
3. As casiñas de cor gris coa nube e a choiva fan que retrocedamos dúas casiñas.
4. As cañiñas onde está o arco da vella fan que nos movamos ata o outro extremo deste
mesmo, cambiando de casiña.
5. Na casiña negra co raio da tormenta teremos que esperar dúas quendas sen xirar a ruleta.
6. Gañará o xogador que chegue primeiro á meta.
Este xogo está genial!!! Alguén se anima a poñer en práctica???
Unha aperta,
Ángeles
Unha aperta,
Ángeles
No hay comentarios:
Publicar un comentario