DISFRUTÁDEO!.
" ALMA"
Aproveitamos que o vídeo non tiña texto nin diálogo para intentar poñelo nós, esta vez foron IRIA e ALBA as que escriben o que ocorre.
“ ALMA”
“Unha nena aparece nun pobo nevando, vai correndo polas rúas. Tópase cunha parede na que hai moitos nomes escritos, ela escribe o seu ALMA. Detrás, nun escaparate, aparece unha moneca idéntica a ela. Baixa a vista para comprobar se van exactamente vestidas igual. Cando volveu a mirar , a moneca , xa non estaba!. Ten curiosidade . Mira polo cristal da porta, para ver se está dentro da tenda. Cando a encontra , quere entrar , pero a porta está pechada.
A nena , algo enfadada, colle unha bola de neve e ¡zasss!. contra a porta. Comeza a camiñar rúa abaixo, e a porta ábrese. Dase a volta e entra .
Mira sorprendida, dentro hai un montón de monecas e ela busca a súa, ao parecer os monecos e monecas son o corpo de todos os nomes que hai escritos na pizarra-parede.
Mira ao frente, encontra , nunha mesa, no media da tenda, a moneca que estaba buscando.
Mentras se queda mirando, a porta cérrase un pouco. Cando vai tocar a moneca, choca contra algo e tírao ao chan. É un moneco pequeno enriba dunha bicicleta, que comeza a funcionar, pero non se move ata que ela o pon de pé. O moneco comeza a andar hacia a porta, e o vento cérraa, o que evita que o moneco saia para a rúa.
Vólvese para coller a moneca pero ¡ Xa non está!. Busca por todas partes e encóntraa nun andel. Sóbese a un sofá, e as monecas que están alí postradas, mírana de reollo. Ela non se da conta, quítase as luvas para poder coller a moneca mellor, e ao contacto, ocorre algo, movementos de ollos de todos os monecos e a nena entra dentro da moneca.
Outra moneca diferente, é a que está agora na plataforma do escaparate, outra moneca que espera atrapar a nena que pasará alegre y curiosa.
gustoume moito , e dificil de entender pero merece a pena
ResponderEliminarEl vídeo es díficl de entender , pero depues loentiendes y está muy bien .
ResponderEliminar