domingo, 18 de diciembre de 2011

NÓS OPINAMOS

Durante o trimestre lemos varios libros. Dun deles tivemos que facer unha presentación, que incluíra a nosa opinión.
Aquí mostramos algunhas delas: 
Alba . OS CABALOS DO MEU TIO.
" O libro gustoume moito, é moi interesante, e aprendín cousas sobre os cabalos que non sabía. Eu recomendoo, xa que está moi ben".
Brayan G. AS BOTAS VERMELLAS.
"A min gustoume moito porque te imaxinas cousas alucinantes e de aventuras . É moi, moi divertido".
Uxía. EN CASA DE LAS PENDERWICK.
" É un libro moi orixinal e interesante, non me gustou demasiado o final porque é o típico final, aínda así gustoume moito. Eu recoméndoo".
Marcos. ALBERTO E AS PALOMAS MENSAXEIRAS.
" Gustoume moito porque é unha historia moi interesante, ademais aprendín sobre as palomas. Gustoume unha frase que di: Hai cousas máis divertidas ca mandar mensaxes polo teléfono móbil"." Gústame porque é poesía".
Julio. UN ESQUELETO EN EL ARMARIO.
" Este libro engancha bastante, cando queres deixar de lelo, non podes porque tes esa intriga que non che parar ata que o acabas. Recoméndoo a todos porque estou seguro de que vos vai gustar".
Carlos. MARCOS MOSTAZA.
" O libro é moi gracioso, sobre todo o avó de Marcos, que quere facer crer a todos que o home non pisou a lúa, ata a morte".
Sabela.  EL DIARIO DE NIKKI.
" Este libro gustoume moito porque acaba ben e Nikki ponse un tatuaxe moi chulo".
Yaiza. EL DIARIO DE GREG.
" Este libro resultoume moi entretido porque ao largo del ocorren moitas aventuras e din cousas moi graciosas. Seguro que vos vai gustar".
Iria. DOS LÁGRIMAS POR MÁQUINA.
" Gustoume moito este libro, trata sobre a amistade entre unha persoa e un can. Móstrase o dito de que o can é o mellor amigo do home".
David.  CIDADES.
" Como me gusta moito a poesía , este libro tamén. Recoméndoo a quen lle guste a poesía".


  
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario