martes, 24 de marzo de 2020

Compartimos un plan?

 Que vos parece si comezamos a compartir entre tod@s boas ideas: unha receita de cociña, unha manualidade de reciclaxe, un conto ou poema escrito por vós, unha canción que vos anime, unha recomendación dun libro que vos entusiasme...

Empezo eu cunha receita:  "Tres aperitivos sinxelos", espero que vos guste o queixo:

1. Porco espiño de queixiños:
Con améndoas laminadas para facer as pugas, un anaquiño de améndoa para o nariz e olliños de olivas.
Parécese aos de verdade?



2. Abellas de olivas negras:
 Parte coa axuda dun adulto as olivas en tres anacos e o queixo tipo "cheddar" en pedazos do mesmo tamaño.
Intercala nun palillo olivas e queixo. Os ollos podes facelos con queixo de untar.
 Bzzzzzzz  bzzzzzz! 🐝



3. Pingüín de olivas con queixo e cenoria:

Coa acuda de un adulto, corta a cenoria para facer o peteiro e as patas. Corta as olivas á metade e enche de queixo de untar. Cun palillo, ensambla as patiñas de cenoria, o corpo recheo e a cabeza.



Anímate a probar a miña suxerencia e a compartir as túas!
Anota no diario de actividades un comentario de como che resultou a experiencia.
Non esquezas facer as fotos e subilas ao Drive para que podamos publicar todo no Blog.





No hay comentarios:

Publicar un comentario