jueves, 19 de marzo de 2020

Diario de actividades

Botando de menos a escola? Desexando ter tarefas para ocupar tanto tempo libre?
Propóñovos que desde hoxe ata que volvamos á escola, vaiades  facendo un diario de actividades das diferentes materias.
Prepara un caderno con folios dobrados(como facemos cos contos  que escribides) e cartolina para a portada, a cal terás que decorar. Cando xa teñas o caderno  preparado, poderás comezar.
Empezamos con lingua castelá.
Pon a data: 20 de marzo, 2020
Entra en MUNDO PRIMARIA.
Nas pestanas superiores, entra en: adiviñanzas -adiviñanzas familia.



Escolle  unha, escríbea no teu diario e tenta encontrar a solución.
A continuación inventa ti outra. Nas dúas escribe a solución de xeito que non se vexa( do revés, tapada...)
Segue nas pestanas  superiores e entra en: refráns- refráns sobre os meses do ano e tempo metereolóxico. Colle marzo e abril, elixe un de cada mes e escríbeo.
Explica o seu significado e fai unha ilustración.
Analiza os verbos dun dos refráns(consulta o libro para poñer correctamente o tempo).
Xa tes a primeira folla do diario!


Un xogo para comezar a fin de semana:


 Coidádevos moito. Unha aperta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario