martes, 24 de marzo de 2020

Xogos de matemáticas

Bos días!

Deixo aquí, un par de xogos de mates para entretervoó durante a fin de semana en familia :)

Múltiples afortunados
Lanza o dado e avanza polo taboleiro.
- Se aterras nun múltiplo de 3, avanza dous lugares.
- Se aterras nun múltiplo de 7, avanza tres lugares.
- Se aterras nun múltiplo de 3 e 7, avanza cinco lugares.


Para gañar tes que aterrar en “Finish”! Boa sorte!



Loto de números primos:
Este xogo é como mínimo para dous xogadores.  Cada xogador precisará o seu propio cartón de lotería (imaxe 2)
Recorta individualmente números da imaxe 1 e coloca cada carta cun número boca abaixo en dous montons iguais.
Cada  xogador escolle dúas cartas de números. As dúas cartas escollidas forman un número, cada xogador marca o seu número resultante no taboleiro.

Despois de dez turnos, gaña o xogador con máis números primos marcados (son azuis no taboleiro).
 





No hay comentarios:

Publicar un comentario