domingo, 22 de marzo de 2020

Semana do 23 ao 27

Actividades para facer durante a semana do 23 ao 27.


Matemáticas : 
- Exercicios da páxina 164.

Lingua Castelá: 
a. Inventa un poema:
- Terá entre seis e dez versos.
- Os versos serán de cinco ou seis palabras.
- Con algún tipo de rima (non todos os versos teñen que rimar).
- Inclúe algún recurso literario dos que vimos (personificación, comparación, metáfora, repetición).
- O tema do poema é libre, podes escribir sobre: a primavera, as flores, o campo...

b. Repaso da gramática do tema 8.

Lingua Galega:
a. Repaso da gramática do tema 7.

b. Inventa un conto. Utiliza o binomio fantástico: curuxa/orquestra. Ten en conta que debe ter tres partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace. Non esquezas separar as partes en diferentes parágrafos.
- Fai unha presentación no Drive.
- Deseña unha portada.
- Inserta algunha imaxe, pode ser foto, imaxes de internet ou debuxo .

Ciencias Naturais:
- Crea un texto instrutivo (tes o documento no Drive, na carpeta de ciencias), a modo de ficha sobre o teu circuíto eléctrico.

Ciencias Sociais:
-  Fai o comentario de texto da páxina 104, actividades 1, 2 é 3 (individualmente).

Plástica:
Entra no último enlace que aparece na pestana da esquerda do blog, plástica:
Busca as indicacións para facer un coelliño de Pascua.
Decórao e escribe unha dedicatoria.
Logo faille unha foto ben feita e súbea ao Drive.
Publicarémolas no blog.

A HORA DOS CIENTÍFICOS

Vémonos pronto!!! Unha aperta

No hay comentarios:

Publicar un comentario