Bos días,
para empezar o día cun sorriso, unha viñeta de Davila.
![]() |
Pois vós aí co homeworking in the morning |
Todos os anos cando chegan estas datas, os alumn@s de 6º Nivel visitan o Instituto, seguramente por primeira vez, con emoción e inquietude por saber e coñecer como será o novo curso.
Este ano o Covid-19 roubounos moitas cousas: excursións, graduación... e tamén a visita ao instituto. Cousas que xa non poderemos facer á volta porque vós xa estaredes no voso novo colexio, con novos profes e novos compañeir@s.
Será xenial e estou segura de que vos vai ir moi ben. Para que vos fagades unha idea, o Departamento de Orientación do instituto elaborou un xogo interactivo para que á vez que vos divirtades podades revolver algunhas das dúbidas que teñades.
Unha aperta,
Ángeles
Clica aquí para realizar o xogo: DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario