martes, 14 de abril de 2020

14 - 17 DE ABRIL


SEMANA DO 14 - 17 DE ABRIL


COMO ESTADES? ACABÁRONSE AS VACACIÓNS E COMO AÍNDA TEMOS QUE SEGUIR UN TEMPO ASÍ, EMPEZAREMOS A TRABALLAR DE NOVO, CON MOITO ÁNIMO E ILUSIÓN. QUE SE ACABA O CURSO, QUE VEN O VERÁN!!!…

Comezamos a clase como se fora un xove? Algún de vós nos quere ler un fragmento do seu libro favorito?SÍ,  ESCOITADE!!!!





MATEMÁTICAS

Traballaremos : “As medidas de lonxitude”. 

 Ponte cómod@ e visualiza o vídeo explicativo con atención. Se non o tes ben claro, volve a velo.





Agora entra en Conversión de unidades e realiza o exercicio K.1 que se che propón. 

CIENCIAS NATURAIS

TEMA: “ A enerxía e os cambios da materia”
Empeza lendo: “ As formas de enerxía” nas páxinas 94 e 95.
Fai un esquema das formas de energía.


CIENCIAS SOCIAIS

- Tema 8: “España e a Unión Europea”
Le as páxinas 126 e 127. Fai as actividades 1 e 2.
-      Como complemento ao tema,  faremos  un traballo:
O meu concello: Ponteareas”. 
Será un traballo en diapositivas e deberá ter os seguintes apartados:
·     Portada( título, imaxe e autor/@).
·     Ponteareas: Aquí inclúe extensión, poboación, parroquias, elementos naturais, historia, monumentos, tradicións, festas locais, símbolos e unha imaxe( mapa do concello). 
·     Concello: componentes do goberno, servizos e traballadores. (Inclúe imaxe do edificio do concello). 
Selecciona a información que che interesa, non te limites a copiar e pegar. 
Seguro que descubrimos moitas cousas que non sabiamos!!!
Este traballo non é para facer nun día , tómao con calma, vai pouco a pouco.

LENGUA CASTELLANA.

  1. Esta semana, tengo un juego muy divertido preparado para ti. Tienes que entrar a resolver los misterios de gramática y ortografía que te propone tu amigo Watson ;) serás capaz de resolver el desafío? Haz un ejercicio de cada bloque hasta que tengas todas las respuestas correctas. 


2. Que te parece si dejas volar tu imaginación y te inventas un animal? Titularemos la actividad
” Animales fantásticos”. Recuerdas la actividad de las frutas imaginarias? Ya sabes,  haz dos columnas: animales grandes     animales pequeños. Elige uno de cada columna. Coge una o dos sílabas de cada uno, júntalas y forma una nueva palabra: será el nombre de tu animal. Cierra los ojos,  imagínatelo y dibújalo. Ahora descríbelo:  queremos saber sus características, donde vive, que come, cuales son sus costumbres. Haremos un bestiario  y lo publicaremos en el  blog.

LINGUA GALEGA

Repasaremos os adverbios.

Adverbio (mapa conceptual) 




- Comprensión lectora. (Edit. Anaya): 

Lixo espacial: 1 3000 obxectos perigosos
No ano 1958, Estados Unidos lanzou ao espazo o satélite Vanguard I. Máis de medio século despois, aínda segue orbitando a Terra, e converteuse no máis antigo dos preto de 13000 obxectos artificiais que compoñen o lixo espacial
A presenza destes restos e residuos de misións espaciais na órbita terrestre converteuse nunha gran preocupación para as axencias espaciais, debido a que as colisións a velocidades orbitais poden ser moi perigosas para as naves tripuladas ou para os satélites en funcionamento; ademais, poden tamén producir aínda máis lixo ao fragmentarse os obxectos existentes. 
Desde o ano 1991, rexistráronse cando menos tres colisións na órbita terrestre por culpa do lixo espacial. A menos que se atope unha solución para facer desaparecer todos estes obxectos, as colisións irán aumentando. 
Historicamente, o primeiro gran problema rexistrado sucedeu en setembro do ano 1991, cando o transbordador estadounidense Discovery tivo que realizar unha manobra para evitar un posible encontro con restos dun satélite. 
ref: http://www.salteadoresdaarca.com/2008/11/lixo­espacial­13000­obxectos­perigosos .

Responde no Drive:
1. Que é o lixo espacial? 
2. Cantos obxectos compoñen o lixo espacial?
3. Por que son perigosos ou prexudiciais? Escribe dous motivos. 
4. Cal é o obxecto mais antigo dos que compoñen o lixo espacial? 
5. Que ocorreu en setembro de 1991? 
6. Procura información e explica que son os satélites, os transbordadores e as estacións espaciais. 
7. Neste enlace http://www.abc.es/20120215/ciencia/abci­satelites­suizos­limpiaran­basura­ 201202151541.html podes ler unha noticia sobre lixo espacial. Despois de facelo, resúmea. 

Espero que vos gusten as actividades propostas.
Unha aperta, 
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario