miércoles, 22 de abril de 2020

23 de abril. Día mundial do libro



"A lectura danos un lugar a
onde  ir cando temos 
que permanecer onde estamos"
                                       Mason Cooley

Ola que tal estades?  Sabedes que mañana celebramos o día do libro?

Que vos parece esta frase de Mason Cooley?
"Eu escochín esta porque me parece moí adecuada á situación que estamos vivindo. Ler é unha maneira moi especial de viaxar a un lugar, coñecelo e disfrutalo imaxinando".
- Elixe  unha frase célebre sobre a lectura, di quen a dixo e explica a razón que
 te levou a decidirte por ela.
- Escríbea no Drive.             

A celebración do  Día do Libro xurdíu en Cataluña. Coincide co falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra  e  Inca Garcilaso de la Vega. 

Comezouse a facer por varias razóns: loitar contra o  analfabetismo, fomentar a cultura, recoñecer o mérito de libros e autores,  e simplemente alentar a todas as persoas a disfrutar do pracer da lectura.

Hoxe en día somos moit@s os que xa disfrutamos lendo, coñecendo personaxes, persoas, lugares...





Un agasallo dun compañeiro para que disfrutes coa súa lectura, dalle a play.




- Que che parece se para celebralo este ano LLES REGALAS AOS TEUS UNHA LECTURA?:
Elixe con agarimo un libro ou unha lectura e compártea con eles. 
Prepara ben a sesión, podes ambientar o salón,  disfrazarte e sobre todo ler con entusiasmo! Seguro que o pasades moi ben!!

 Fai unha foto e envíaa ao Drive ou á conta de correo de gmail.

Unha aperta, 
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario