🍁Somos amantes da lectura e encántanos comentar e falar sobre os libros: personaxes, imaxes, autores...pero sobre todo gústanos dar a nosa opinión.

"O aroma do liquidambar" de An Alfaya.
O liquidámbar chéiranos a:
"Así como unha árbore afrutada.
"Ten un recendo a limón".
"Ten un aroma dulzón".
![]() |
"A corteza emana una resina que cheira a dulzón, por iso leva ese nome tan característico" |
Cristian:
Se eu estivese no lugar de Miro, costaríame moito asimilar que a miña nai estivera no cárcere e por iso admiro a valentía del.
Aínda que sexa un libro triste, é entretido e axudoume a pasar a primeira semana da cuarentena, estaba moi aburrido.
Todos os personaxes principais tiñan un papel na historia e isto fixo moito máis fácil leer este libro.
Estou contento de habelo leído.
Recoméndoo.
Xurxo:
Este libro pareceume aburrido porque non hai nada de intriga, nin chistes, nin aventuras e ademais so hai un incendio no que ninguén sae ferido.
E eu son unha persoa a que lle gustan os libros de intriga, misterio e comedia sobre todo.
Xana:
A min este libro pareceume moi bonito e á vez triste, que che axuda a pensar e reflexionar. Ademais pódese destacar a importancia da amizade.
Nico:
O personaxe que máis me gustou foi a avoa Violeta porque era moi simpática, axudaba aos nenos. Foi unha pena que ao final morrera. Todos os personaxes me gustaron.
Juan:
O aroma do liquidámbar”é un libro moi interesante e á vez triste. Aínda que ten algunhas cousas graciosas; eu, sempre que lía sobre Susana ou Violeta, entristecíame, e ríame cando lía sobre Fermín e Humberto.
Foi moi entretido e cando empezaba a ler non paraba ata ler 50 páxinas ou máis.
Recoméndoo para todo o mundo.
Candela:
Baixo o meu punto de vista é un libro bonito que trata sobre un tema singular, unha nai no cárcere.
A min o libro gustoume moito, tanto como relata o autor a historia, como os diversos sucesos que ocorren nela. Estou de acordo con Fermín, xa que eu cría que Miro merecía coñecer o segredo desde a súa familia máis que por un abusón.
Todos os puntos do libro gustáronme, pero o final non.
Eu que levaba toda a historia desexando que Miro se encontrase coa súa nai e vai, e non aparece. Tamén me pareceu innecesario o accidente do avó.
En xeral, gustoume moito. UN GRAN LIBRO!
Silvia:
Ao principio parecíame un pouco aburrido e sen "vidilla" por varias razóns:
- Non me gustou que se revelara tan pronto que a nai de Miro estaba no cárcere.
- Ás veces non entendía ben algunhas cousas, como que a nai de Daniel tivera que marchar a Guatemala para coidar a avoa Violeta.
Sin embargo, pola metade do libro empezoume a gustar máis e a engancharme. O final foi moi bonito, saber que a nai de Miro ía volver pronto a casa e que Adelaida, a nai de Daniel, xa estaba na súa. A pesar do que tiveron que sufrir os dous, por fin volveron a ser felices.
Breo:
Gústame Miro porque é un neno moi tímido, quere moito a súa nai e é moi cariñoso. Eu son así coa miña nai, dese xeito, por iso me sinto identificado con ese personaxe.
A min o libro non me gustou moito, xa que ao comezo non identificaba ben os personaxes, fíxoseme aburrido e non me chamou a atención tanto como eu esperaba; aínda así, gustoume o personaxe de Miro.
Aínda que o tema sí me gustou, o libro non me gustou moito porque non ten misterio nin intriga.
Fátima:
A min pareceume un libro moi bonito porque Miro e Daniel fixéronse amigos, confiáronse os seus soños un ao outro e … sempre tiñan aventuras.
Miro queríalle moito a súa nai e volveuse moi rebelde cando descubriu que a súa nai estaba no cárcere. Foi moi triste cando Violeta, a avoa de Daniel, morreu. Ela predicía que ía morrer antes de cumplir os 100 anos.
Gustoume moito este libro.
😉Xa vedes que hai diversidade de opinións e diferentes puntos de vista, cada un temos as nosas preferencias e eso dalle emoción, se todos opinaramos igual sería aburrido.
Seguiremos lendo e comentando.
Unha aperta, Ángeles.

No hay comentarios:
Publicar un comentario