jueves, 23 de abril de 2020

"OS LIBROS PRÉSTANNOS ÁS PARA VOAR MOI ALTO"

 

FRASES CÉLEBRES SOBRE A LECTURA E OS LIBROS

"A lectura danos un lugar a onde ir cando temos que permanecer onde estamos."                                       Mason Cooley

Ángeles: "Eu escochín esta frase porque me parece moí adecuada á situación que estamos vivindo. Ler é unha maneira moi especial de viaxar a lugares, coñecelos e disfrutalos imaxinando".


"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"                                Miguel de Cervantes

Fátima: "Elexín  esta  frase  porque  é  moi  interesante o que di e  tamén porque hoxe celébrase a súa  morte. Cos libros podes facer moitas cousas como imaxinar, viaxar, correr aventuras… Podes facer calquera cousa,  todo está na túa mente...

Xana: "Escollín esta frase de Cervantes, porque me pareceu á vez que simple, moi completa e bonita".

"Vexo a televisión moi educativa, cada vez que alguén a encende, retírome a ler un libro".     Groucho Marx

  Juan: "Elexín esta frase porque me parece unha boa representación do que un libro en boas mans pode facer para combatir o aburrimento ou cando alguén fai algo que non che gusta; simplemente buscas algo mellor". 


“Amar a lectura é trocar horas de aburrimento por horas de inefable e deliciosa compañía.” John Fitzgerald Kennedy.

Xurxo: "Eu escollín esta frase porque cando leo, métome tanto nos libros que deixo de escoitar todo ao meu arredor".


Non hai disfrute como a lectura “
                    Jane Austen              (escritora Británica)

 BREO:"Elexín esta frase, porque é da escritora favorita de miña nai e disfruta moito lendo as súas novelas".



“Aquel que di que non lle gusta leer é porque nunca leu”


Cristian:"Escollín esta frase porque síntoma identificado con como era antes, xa que cando me dicían que tiña que ler decía que non quería porque non me gustaba ler e xa estaba. Cando a profe insistíu en que tiñamos que ler, empezou a gustarme a lectura e agora ata estou no club de lectura do colexio".

No hay comentarios:

Publicar un comentario