sábado, 25 de abril de 2020

ANIMAIS FANTÁSTICOS


Que tal de fin de semana?

Seguro que con gañas de saír a correr e xogar por aí, mañá será un bo día, ides poder dar un paseiño que merecedes, despois deste longo tempo dentro. Non olvidedes ser moi prudentes e non esquecer os consellos que nos dan.


Se vos falo de "camafante, cebrejo, gorijaro, ratigre, tibumiga, tigartija, orqueruxa, jitón, osibrí, leopiente ou leónmosca",  diredes que non existen. Eu digo que sí porque existen na mente de persoas creativas.
Estas palabras tan bonitas inventáronas os vosos compañeir@s e son os nomes duns animais moi peculiares, que ademais teñen unha bonita historia.







E agora unha historia cun animal fantástico coma protagonista, disfrutádea!!!

A mascota fantástica

Un día estaba no meu balcón e vin algo que voaba hacia min, pensei que era un paxaro,
pero cando se parou, vin que tiña cabeza e corpo de can e ás e rabo de dragón.

- Non teñas medo. Veño dun mundo onde hai seres mitolóxicos, atravesei un portal. ✨
Normalmente séntome no teu balcón a ver os nenos xogar no parque das Pombas.
Dime Fátima, por que levo días sin ver nenos no parque?
- Como sabes o meu nome?!
- Porque eu son un ser mitolóxico, sei moitas cousas. O meu pai e un can loro e a miña nai, un lagarto galiña.
- Increible ! Vale, xa cho digo, non hai nenos no parque porque hai un virus chamado Covid-19 ou Coronavirus e non nos deixan sair da casa porque podemos contaxiarnos. 🦠
- Pois eu sei unha forma de derrotalo, coa calor. Esta noite vou soltar lume pola boca e vou derrotalo.🔥🔥
 -É verdade, dixeron nas noticias que coa calor algún día desaparecería, probablemente no verán...
Ao día seguinte desaparecera.
FIN
Fátima Rodríguez




Temos moitas mentes creativas na clase, que sorte poder divertirnos con aventuras, debuxos, fotos, e demáis artistadas!

Unha aperta,
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario