viernes, 3 de abril de 2020

SENTÁMONOS A ESCRIBIR?


Coñeces o xogo do cadáver exquisito? 

1. Empezamos por recordar, entra en MUNDO PRIMARIA.
En "buscar" escribe: Cadáver exquisito.
Le con calma e fai os teus apuntes no diario de actividades.


2. Agora entra no DRIVE, na carpeta de "A CARPETA DE GRUPO 6ºA":
- Entre tod@s imos escribir unha historia, comezarei eu.
- Vai lendo o que escribiron os compañeir@s que se che adiantaron.
- Recorda que tes que continuar escribindo no documento que está na carpeta común.
- Non escribas demasiado, pensa que tes que deixar para que escriban outros.
- Antes de comezar, escribe o teu nome entre paréntesis.
- Aqueles que non tedes acceso ao Drive, podedes escribir a vosa historia.



Os zapatos de Violeta


"Violeta, ía camiñándo pola rúa. Un paxariño pasou voando diante de ela ata aterrar nos seus pés! 
- Que fermoso paxariño! AAAAAH! Pero que ?! Os meus zapatos!!!
Violeta percatouse de que os seus zapatos..." (Quen segue a historia?)


NOTA: recordádelle ás vosas familias que é conveniente estar dados de alta no abalarMóbil para ter acceso ás notas da segunda avaliación.

Vémonos pronto.
Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario