lunes, 20 de abril de 2020

Semana do 20 ao 24 de Abril


SEMANA DO 20 - 24 DE ABRIL

Comezamos semana e de novo con sorpresa! 
Escoita un capítulo do libro escollido por... dalle a Play! ;) 





MATEMÁTICAS

Empezamos as mates co xornal, aquí tes un interesante artigo que explica que tamén os animais empregan as mates na súa vida cotiá.

Entra no libro dixital, selecciona a unidade 9 " Medir longitudes, masas y capacidades" e busca o apartado 2 "Unidades de medida de masa". 
Empeza por axudar a Miguel a preparar a macedonia de froitas facendo "click" na man como se ve na imaxe: 





Despois de ler a páxina, realiza os exercicios 11, 12, 14, 15, 17 e 18 e publícao na túa carpeta de Drive (cos enunciados). 


CIENCIAS NATURAIS

Traballa as páginas 96 e 97 do libro "As mesturas e a súa separación". Fai as actividades 1 e 2 da páxina 97 e as actividades 2 e 10 da 104. 

A continuación, experimenta con mesturas preparando unha plastilina! só precisas xuntar os seguintes ingredientes ata obter a consistencia desexada. 

Ingredientes: 

- 3 tazas de fariña
- 1 taza de sal
- 1 taza de auga
- 3 culleradas de aceite
- colorante alimenticio do color que queiras
 (podes empregar especias como cúrcuma para obter laranxa ou pimentón para obter vermello) 


A remexer! 
Non te olvides de gardala nun bote para que non se reseque :) farache falta para o seguinte experimento. 


CIENCIAS SOCIAIS 

Vaite preparando para unha maratón de xeografía. Repasa as provincias porque esta semana publicaremos unha actividade e terás que ubicalas.

LINGUA CASTELÁ

Recordaremos: predicados nominales y predicados verbales.
Para ello entra en:
PREDICADO NOMINAL Y PREDICADO VERBAL
Si aún no lo tienes claro, vuelve a ver el vídeo explicativo.

Estás list@ para demostrar que lo sabes distinguir?
En el Drive encontrarás un documento con ejercicios para practicar.

- Lee el artículo que publicamos en matemáticas y expresa tu opinión sobre él, indicando lo que más te llamó la atención.

Plástica:
Tes o teu animal fantástico, agora debúxao:
Sen usar a goma
Facendo trazos, sen levantar o lapis do papel.
Se te equivocas volve a empezar. 
:) Envía a foto ao Drive

LINGUA GALEGA 

Co teu animal fantástico inventa unha historia (presentación, nó e desenlace). 

Unha aperta, 
Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario